LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO. EDUCACIÓN SECUNDARIA. CURSO 2021/22

Xa podedes consultar a listaxe de libros de texto de educación secundaria para o curso 2021/22:

ENQUISA SOBRE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. CURSO 2021/22

Tagged:  

Dende a ANPA O Forte estamos a traballar na organización das actividades extraescolares para o curso 2021/22.

Intentaremos dar a maior resposta posible ás necesidades de conciliación das familias, pero para iso necesitamos a vosa colaboración respondendo a esta enquisa

Enquisa actividades extraescolares. ANPA O FORTE

En función das vosas respostas orientaremos as nosas actuacións.

Rogamos a maior difusión posible.

A directiva da Anpa o Forte

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR E PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO. CURSO 2021/22

A Consellería de Educación vén de publicar a Orde do 6 de maio pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Para participar, deberanse presentar cumprimentados o Anexo I e o Anexo II xunto cunha copia do libro de familia.

Prazo de presentación: Do 21 de maio ao 22 de xuño ámbolos dous incluídos.

Lugar de presentación: preferiblemente a través da sede electrónica (aplicación fondolibros) ou por correo electrónico a cpi.antonio.orza.couto@edu.xunta.es, en último caso na secretaría do centro intentando traer os documentos cubertos da casa.

Horario de atención de secretaría: De 10:00h a 13:00h

Teléfono de atención: 881866778

Premede no documento adxunto para ver o resumo da convocatoria.

LISTAXE DE PREMIADOS NOS DIFERENTES CERTAMES

O equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega vén de comunicar os gañadores dos diferentes concursos convocados.

Premede no nome dos gañadores para poder ver as súas obras.

VII Concurso de debuxo Sentir en Galego: Galiza, célula de universalidade.
XII Concurso de poesía Sentir en Galego: e ti, es ecoloxista da lingua galega?
I Concurso humorístico: brincadeiras para escachar coa risa.

Para visualizardes os tres vídeos premiados, accedede a través da seguinte ligazón: https://drive.google.com/file/d/1sODPgDsQPN76gXluuIdDbMQyl1bu287b/view?usp=sharing
  • Ed. Secundaria: sen beneficiario.
  • Ed. Primaria: Nora Rouco González (2º) e Iria Munín Caramés (5ºA)
  • Ed. Infantil: Brais Otero Barral, 4º Ed. Infantil (3 anos).

Parabéns a tódolos premiados

MATRÍCULA /RESERVA CURSO 2021-22

O alumnado matriculado no presente curso lectivo en 4º, 5º e 6º de Educación Infantil e en 1º, 2º, 3º, 4º e 5º de Educación Primaria NON SERÁ NECESARIO que presente o documento de confirmación de continuidade de matrícula para o curso 2021/2022.

Este alumnado será matriculado por defecto para o curso 2021/2022  nas mesmas opcións de matrícula (Relixión /Valores) que o curso actual.

Aquelas familias que desexen cambiar de opción de matrícula deberán comunicalo por correo electrónico cpi.antonio.orza.couto@edu.xunta.gal antes do 22 de xuño.

PRAZO DE MATRÍCULA (para o alumnado novo e o que curse Secundaria no curso 2021/22):

Para o alumando novo: Do 20 ao 30 de xuño.

Para o alumnado de secundaria: do 25 de xuño ao 10 de xullo.

PRAZO EXTRAORDINARIO DE MATRÍCULA (só para aqueles alumnos de Secundaria que non aproben todo en xuño):

Do 1 ao 10 de setembro

Teléfono de secretaría: 881 866 778

ADMISIÓN CURSO 2021/22

 
Concedida a 3ª liña de Educación Infantil.

Todas as solicitudes de admisión para Educación infantil presentadas, foron ADMITIDAS.

Prazo de matrícula para o alumnado novo (aquel que presentou solicitude de admisión):  Do 21 ao 30 de xuño.

CAMPAÑA DE CONSUMO DE FROITA FRESCA

O noso CPI é un dos centros adheridos á campaña de consumo de froita fresca financiada polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) e coa axuda económica da Unión Europea.

Por mor da situación sanitaria, a diferenza doutros anos nos que se repartía no recreo da mañá, e para evitar na medida do posible a manipulación, a froita darase como sobremesa no xantar.

Data do reparto: Semanas do 19 ao 30 de abril do 2021

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS. CURSO 2021/22

 

Publicada a listaxe provisional de admitidos.

Está visible no taboleiro de anuncios do edificio de secundaria.

Para a consulta da puntuación obtida, preguntar en secretaría.

Prazo de reclamación da puntuación obtida: Do luns 19 ao venres 23 de abril, ambolos dous incluídos.

CRIBADO COVID-19 AO ESTUDIANTADO DE SECUNDARIA COA COLABORACIÓN DAS FARMACIAS

A Consellería de educación vén de comunicar que o vindeiro luns 19 de abril comezará un programa para a detección de SARS-COV-2 con mostra de saliva en poboación asíntomática de 12 a 17 anos coa colaboración das oficinas de farmacia da provincia.

Acudindo á súa farmacia de referencia informaranlles sobre o procedemento de toma de mostra e proporcionaranlle o tubo de recollida.

ENQUISA DE DIAGNOSE DE CONVIVENCIA 2021

ELECCIONES AL CONSEJOR ESCOLAR – Colegio María Inmaculada

A convivencia escolar é unha preocupación de primeira liña na que se está a traballar arreo nos últimos anos, na procura dunha mellora continuada do clima escolar.

No senso de seguir traballando, dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade ponse en marcha a realización dunha nova enquisa que permite analizar o estado da convivencia e das novas formas nas que se está a desenvolver como consecuencia do impacto da COVID-19 na comunidade educativa.

A participación da comunidade educativa nesta enquisa é fundamental.

No día de hoxe todo o alumnado levou a casa un escrito no que se facilita unha clave para poder realizar a enquisa.

Clicando na seguinte ligazón e introducindo a clave que vos chegou polos rapaces poderedes contestala. https://www.edu.xunta.gal/convfamil

Moitísimas grazas pola vosa colaboración!!

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO. CURSO 2021/22

ESTADO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

CURSO 2021/22

  • ETAPA DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

Todas as solicitudes presentadas foron admitidas

  • ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL

Presentáronse máis solicitudes que prazas ofertadas polo que se fai necesario lanzar o proceso de baremación.

- Prazo de presentación de documentación para xustificar os criterios alegados do 25 de marzo ao 9 de abril.

Para máis información:  881866778

PREMIADOS NA 21ª EDICIÓN DO CONCURSO DE DEBUXO DA CAMELIA. CONCELLO DE VEDRA

Dúas alumnas do noso centro resultaron premiadas na 21ª edición do concurso de debuxo infantil da camelia que organiza o Concello de Vedra.

Parabéns rapazas!!!

1º PREMIO CATEGORÍA A :

LOLA PUENTE IGLESIAS - 4 ANOS

3º PREMIO CATEGORÍA A:

SARA ROSENDE BORRAGUEROS - 3 ANOS

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013