Skip to Content

Os nenos e nenas de Infantil e Primaria despiden o curso na Rocheira

O vindeiro martes 22 de xuño, os nenos e nenas de Infantil e Primaria  despedirán o curso cunha saída polo entorno. Faremos una etapa de senderismo e organizaremos diferentes e divertidos xogos.

 

 

EXCURSIÓN A SALOU 4º ESO

Os alumnos e alumnas de 4º ESO marcharán de excursión a Salou o día 14 de xuño e volverán o día 20.

PROFESORAS ACOMPAÑANTES: Carmen Varela e Susana Penas

Prema aquí para ver o PROGRAMA DA VIAXE.

 

 

DISFRUTADE MOITO E PASÁDEO MOI BEN!!!

FOTOS DAS ACTIVIDADES NA SEMANA CULTURAL NAS LETRAS GALEGAS

Xa podedes ver as fotos (premendo aquí) dalgunhas das actividades levadas a cabo na Semana Cultural nas Letras Galegas :

- Exposición de pintura "Versionando obras pictóricas famosas"       

- Balconadas literarias.

- Rotulación das aulas.

- Marcapáxinas.

- Matemáticas divertidas.

- Experimentos científicos.

- Un percorrido polo mundo.

 ...

FOTOS DA EXCURSIÓN A SANTIAGO DE COMPOSTELA E PADRÓN.

O mércores 12 de maio (dentro da semana cultural nas Letras Galegas), os alumnos de 2º, 3º e 4º ESO, foron a Santiago de Compostela a ver un musical, visitar o Museo do Pobo Galego e os tellados da Catedral.

Ademáis, tamén visitaron a Casa-Museo Rosalía de Castro en Padrón.

Profesores/as acompañantes: Raquel, Silvana, David e Pilar.

Podedes ver as fotos premendo aquí.

TEATRO

 Hoxe, 7 de maio, os alumnos e alumnas de 2º, 3º e 4º ESO van ao IES CRUCEIRO BALEARES, en CULLEREDO, para ver a obra de teatro en inglés "IMPOSSIBLE IS NOTHING".

HORA SAÍDA - 10:30 h 

HORA CHEGADA - 13:25 h

PROFESORES/AS ACOMPAÑANTES: Mª José, Silvana, Xabier e Susana.

ORGANIZA: DEPARTAMENTO DE INGLÉS.

II CONCURSO MARCAPÁXINAS

CONVOCA: EQUIPO DA BIBLIOTECA ESCOLAR C.P.I. ALCALDE XOSÉ PICHEL

PICA AQUÍ PARA VER AS BASES.

ABRIL: MES DO LIBRO. ESTE ANO LEMOS CÓMIC

 

       PICA AQUÍ PARA VER AS FOTOS.

OS ALUMNOS/AS DE 1º ESO VISITAN AS INSTALACIÓNS DA VOZ DE GALICIA. (28 DE ABRIL DO 2010)

Os alumnos de 1º ESO visitaron o martes 27 de abril a sede de La Voz de Galicia en Sabón. Durante a visita puideron coñecer cómo se desenrola o traballo na redacción. Tamén se lles explicou o funcionamento da rotativa, e da sala de expedición e peche no encartado e elaboración dos paquetes de periódicos para os puntos de venta. Viron o almacén de papel, coñeceron o seu consumo diario e a procedencia das bobinas. Remataron cunha visita ao Museo, onde  lles ensinaron os primeiros periódicos galegos e cómo se facía La Voz fai varias décadas  

VISITA ORGANIZADA POR: DEPARTAMENTO DE LINGUA CASTELÁ  

PROFESORAS ACOMPAÑANTES: Mercedes Garrote e Alejandra de la Iglesia.

CONCURSOS. NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

DOUS CREATIVOS CONCURSOS DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.

 CONCURSO DE FOTOGRAFÍA                                   CONCURSO DE CAMISETAS

  BASES                                                                       BASES

 

 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut