Skip to Content

Xa temos gañadores do concurso de "Punto e coma"¡

Este venres 17 fíxose entrega dos premios aos gañadores e gañadoras do concurso organizado pola Biblioteca de Primaria para escoller a súa mascota. A gañadora foi este orixinal debuxo de Cristina Pallas Marrozos de 4ºB, Tamén lograron accésit: Víctor Sánchez Saldaña de 6º EI, Ángel Duarte Antelo de 5ºA e Nerea Fernández Pose de 6ºB. Podedes premer aquí para ver o resto de debuxos que se presentaron. Gracias a tod@s por participar e noraboa gañadores.

ÍMONOS AO CINE!!!

Mañá, 22 de decembro, @s alumn@s de ESO, irán ao cine de Carballo, para ver a película "LAS CRÓNICAS DE NARNIA 3. LA TRAVESÍA DEL VIAJERO DEL ALBA" en 3D

HORA SAÍDA - 09:30

HORA CHEGADA - 14:15

PROFESOR@S ACOMPAÑANTES: Mar, Concha, Paula, Carmen, Rosa e Pepe.

AQUÍ VOS QUEDA UN AVANCE:

SAÍDA Á CORUÑA. EDUCACIÓN SECUNDARIA.

O venres 17 de decembro, faremos unha saída á Coruña co alumnado de 1º, 2º e 4º ESO.

  • O alumnado de 1º ESO irá a patinar sobre a pista de xeo no Coliseum e ademáis fará unha ruta pola ría do Burgo.
  • O alumnado de 2º ESO visitará as instalacións da Coca-Cola para despóis participar no Concurso nacional de relato e tamén irán a patinar sobre a pista de xeo do Coliseum.
  • O alumnado de 4º ESO realizará un roteiro urbano que axudará a descubrir a vinculación de Rosalía de Castro con esta cidade galega. O roteiro será guiado polo especialista na figura e na obra de Rosalía de Castro, Diego Pardo, profesor da UDC. Como remate da xornada, seremos recibidos por Xosé Luís Axeitos, secretario da Real Academia Galega   (R/ Tabernas, 11), que nos explicará que traballo desenvolve esta institución vinculado á lingua galega.

HORA SAÍDA - 08:45.

HORA CHEGADA - 14:15.

PROFESORAS ACOMPAÑANTES: Elena, Susana, Mercedes Garrote, Cruz, Mercedes Queixas e Rosa.

O Camiño de Santiago

O vindeiro luns 13 de decembro os nenos e nenas do 2º Ciclo de Educación Primaria asistirán no Pazo da Cultura de Carballo a unha obra teatral titulada "Cara o campo das estrelas" incluida na iniciativa "O fillo do trono"  da programación do Xacobeo 2010, que ten como obxectivo de achegar os valores do Camiño aos máis cativos.

"Cara o campo das estrelas" é unha montaxe de Sarabela Teatro protagonizada por Sabela Gago e Fernando Dacosta baixo a dirección de Fina Calleja.

A obra narra a historia de Paio e Berenguela, membros da denominada Osoclex (Orde Superior de Operarios do Camiño Lácteo Estelar Xacobino). Ambos introdúcense nun bosque camiño de Compostela e alí aparécelles a raíña Lupa, bruxa e feiticeira, que os obriga a superar unha serie de probas se queren seguir o seu camiño. A partires de entón sucédense situacións disparatadas, batallas e aventuras impresionantes, e moitas risas nun espectáculo de luz e son no que o vídeo xoga tamén un papel moi importante .

 

Visita ó Oleiro de Buño

Este venres 10 de decembro, os nenos e nenas de Educación Infantil fixemos unha saída á Olería de Buño, puidemos ver moitas cousas, estancias onde vivían xentes noutras épocas e, como non,... un oleiro traballando co barro e facendo pezas moi bonitas como xerras e cuncas. Ó final deixáronnos barro e fixemos as nosas propias pezas. Se queredes coñecer cousas da Olería premede na foto. Pasámolo moi ben, aquí está a proba.

 

 

NOVEMBRO NA BIBLIOTECA

ACTIVIDADES TEATRAIS E TÍTERES

Durante o mes de novembro, o Concello de Coristanco,a través do gabinete de cultura,ofertounos actividades teatrais e de títeres dirixido ao alumnado de Educación Infantil e Primaria:
- 16 de novembro: 1º Ciclo de Educación Primaria.
- 23 de novembro: 2º Ciclo de Educación Primaria.
- 29 de novembro: Educación Infantil. 

VISITA Ó PARQUE DE BOMBEIROS DE CARBALLO. Curso 10/11.

Este xoves 18 de novembro os nenos e nenas do 1º ciclo de Educación Primaria visitarán o parque de bombeiros de Carballo.

Podedes coñecer algún conto neste enlace

 

Bombero

 

Celebración do Magosto. Curso 10/11

Este venres 12 de novembro celebramos no patio do noso cole o Magosto, degustamos as castañas e fixemos xogos onde a castaña era a protagonista.

Podedes ver a nosa celebración premendo no seguinte enlace.

 

GAÑADOR@S NOS CONCURSOS DO SAMAÍN. SECUNDARIA. Curso 10/11

RELATOS DE TERROR:

Resultou gañador o relato "COUSAS DE MEIGAS" de Katiana Veiga Espasandín (1º ESO B)

CABAZAS:

- Cabaza máis elaborada: Víctor Cancela Pensado (2º ESO B) e Iván Bardanca Fernández (2º ESO A)  

- Cabaza máis orixinal: Alba Reino Casal (3º ESO A)

Pódense ver as fotos na Galería, ou premendo aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut