Skip to Content

Homenaxe a Miguel Hernández

 

 

Xa temos mascota gañadora dos ecopatrulleiros.

Acábase de resolver o concurso de mascotas dos ecopatrulleiros do Pichel. Presentámosvos a mascota gañadora, trátase dun deseño de Samantha Torres Mira de 4º nivel.

Aproveitamos tamén para dar a coñecer o blog de educación infantil e primaria e o blog do alumnado de 1º da ESO do noso cole. Neles iremos comentando todo o traballado dende Voz Natura.

Mascota dos ecopatrulleiros

Xa temos os gañadores do concurso de Samain. Ed. Infantil e Primaria. Curso 10/11.

Estas son as cabazas que resultaron gañadoras do concurso deste ano:

- O premio á máis orixinal foi para Sara Costa Taibo de 6º nivel B

- O premio da máis elaborada foi para Joel Rama Cancela de 5º nivel B

Ademais tamén se resolveron os premios dos relatos de terror, os gañadores foron:

- Alba Collazo Collazo de 4º nivel A co relato "As cabazas"

- Iria Castiñeira Domínguez de 6º nivel B co relato "Un Halloween monstruoso"

- Marta Calvo Pombo de 2º nivel co relato "Antón Lamela"

Noraboa a tódolos participantes e grazas pola vosa participación!!!!!!!!!!!!!!!!.

Cabaza máis orixinal Cabaza máis elaborada

 

O alumnado de 2º e 3º ciclo de Primaria fan visitas por A Coruña

O vindeiro 10 de novembro, o alumnado de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria farán unha vista a diferentes museos de A Coruña.

O alumnado de 2º ciclo visitará a Aquarium Finisterre e o alumando de 3º ciclo terá a oportunidade de facer unha visita o Museo Militar Rexional.

AQUARIUM FINISTERRAE 

VISITA AO MUSEO DE ASUNCIÓN ANTELO.

O próximo xoves 21 de outubro, o alumnado de 1º ESO irá de visita ao Museo de Asunción Antelo, en Seavia.

SAÍDA- 09:35 h

CHEGADA- 13:25 h

PROFESORES/AS ACOMPAÑANTES: Xan, Elena e Mercedes Queixas

PLAN DE CONSUMO DE FROITA NAS ESCOLAS

Este curso, o centro volve a participar na campaña promovida polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), "Plan de consumo de froita nas escolas", tras ser solicitada e concedida esta axuda. 

Neste trimestre, nos recreos, dende o día 18 ata 0 22 de outubro, distribuirase froita entre o alumnado que o desexe,

VISITA A INDITEX

O xoves 14 de outubro, o alumnado de 3º ESO visitou as instalacións de INDITEX, no polígono de Sabón, en Arteixo.

Profesoras acompañantes: Concha e Mar 

CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2010-2011

Descargar aquí           

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2010/2011

Pódese descargar a relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2010/2011 aquí.

FOTOS EXCURSIÓN FIN DE CURSO. 4º ESO. SALOU

Distribuir contido


by Dr. Radut