Skip to Content

VISITA A "LA VOZ DE GALICIA" E AO "AQUARIUM FINISTERRAE"

O 2 de marzo, o alumnad@ de 1º ESO visitará LA VOZ DE GALICIA e o AQUARIUM FINISTERRAE, na Coruña.

HORA SAÍDA - 08:45

HORA CHEGADA - 14:15

PROFESORAS ACOMPAÑANTES: Mercedes Garrote e Raquel Iglesias.

O ESCRITOR GALEGO FRANCISCO CASTRO VISITA O NOSO CENTRO.

    PARA MÁIS INFORMACIÓN SOBRE FRANCISCO CASTRO, PREMEDE AQUÍ.

FOTOS ENCONTRO ROSA ANEIROS

Xa están colgadas na nosa galería, algunhas fotos do encontro no noso centro coa escritora galega Rosa Aneiros.

Pódense ver picando aquí.

ROSA ANEIROS VISITA O NOSO CENTRO.

 

Para máis información sobre Rosa Aneiros, picade aquí.

VISITA Á FEIRA DAS CIENCIAS NO IES ALFREDO BRAÑAS, EN CARBALLO.

O próximo martes, 22 de febreiro o alumnad@ de 4º ESO e 3º ESO C, visitará a FEIRA DAS CIENCIAS, no IES Alfredo Brañas de Carballo.

Irán acompañados polas profesoras Carmen Varela, Susana e Meli.

HORA SAÍDA -  12:25 h.

HORA CHEGADA - 14:15 h.

SAÍMOS NA RADIO!!!

O pasado 14 de febreiro viñeron entrevistarnos de RadioVoz co gallo do Programa Voz Natura que estamos a desenvolver neste curso no noso centro. Ademáis de Laura Cernadas e Raquel Iglesias (coordinadoras do programa) falaron dúas rapazas de 6ºB, Iria Castiñeiras e Nerea Fernández, e dous alumnos de 1ºC, Adriana Castiñeiras e Luciano Fernández.

Se queredes escoitar a entrevista, premede neste enlace.

GAÑADORES/AS CONCURSO SMS DE AMOR. 2011.

1º PREMIO. Carmela Rodríguez Rodríguez (4º ESO A)

2º PREMIO. Jesús David Regueira Serantes (3º ESO B)

3º PREMIO. Alba Martínez Muíño (4º ESO A)

Recibirán como agasallo, recargas telefónicas de 30 €, 20 € e 10 € respectivamente.

Para leer as sms, picade aquí

PLAN DE CONSUMO DE FROITAS NAS ESCOLAS

Neste 2º trimestre, nos recreos, desde o 14 ao 18 de febreiro, desenvolverase este Programa, distribuíndo froita, entre o alumnado que o desexe, do mesmo xeito que se fixo no 1º trimestre.

PATINAXE SOBRE XEO NO COLISEUM DA CORUÑA.

Se queredes ver a foto do alumnado de 2º ESO, na pista de xeo do Coliseum da Coruña, na saída do 17 de decembro do 2010, picade aquí.

CENTRAL TÉRMICA DE MEIRAMA

O xoves 3 de febreiro, alumnado de 3º e 4º de ESO, visitará a Central Térmica de Meirama, no concello de Cerceda, acompañados polas profesoras Carmen Varela e Concha Martínez.

  HORA SAÍDA: 10:25 h                      HORA CHEGADA - 14:15 h

Distribuir contido


by Dr. Radut