Skip to Content

CONCURSO FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA 2011

Co obxetivo de resaltar a presenza das Matemáticas na nosa vida diaria, ao noso arredor, o Departamento de Matemáticas da ESO deste centro, convoca este concurso.

Soamente con mirar ao noso arredor con ollos matemáticos, veremos Matemáticas na arte, na arquitectura, na natureza, na Medicina, na prensa ...

Premede aquí para consultar as BASES.

PLAN DE CONSUMO DE FROITAS NAS ESCOLAS

Desde o 21 ao 25 de marzo, desenvolverase de novo este Programa, distribuíndo froita nos recreos entre o alumnado, do mesmo xeito que se fixo xa en novembro e febreiro.

CHARLAS GARDA CIVIL.

A próxima semana, todo o alumnado da ESO, recibirá unhas charlas informativas sobre diferentes temas, por parte de membros da Garda Civil.

 DATA - HORARIO  CURSO  TEMA

 21 MARZO - 10:25 h

 1º ESO

 INTERNET

 21 MARZO - 12:35 h

 2º ESO

 ACOSO ESCOLAR

 22 MARZO - 10:25 h

 3º ESO

 VIOLENCIA DE XÉNERO

 22 MARZO - 12:35 h

 4º ESO

 VIOLENCIA DE XÉNERO

Todas as charlas terán lugar na aula de usos múltiples do centro

FOTOS DA CELEBRACIÓN DO ENTRODO 2011

Xa podedes ver algunhas das fotos da celebración deste Entroido 2011, o desfile polo pobo, as fotos dos grupos,...

PREMIOS AOS MELLORES DISFRACES. FOTOS.

  • 1º PREMIO INDIVIDUAL - "PARELLA DE NOIVOS CON SORPRESA". (Suso e Alberto. 3º C)
  • 2º PREMIO INDIVIDUAL - "OS PIRATAS DO CARIBE" (Adriana Velo e Jennifer Torres - 3ºA)
  • MENCIÓN ESPECIAL AO DISFRAZ MÁIS ORIXINAL - "O SOMBREREIRO DE ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS" (Carmela - 4ºA)
  • 1º PREMIO Á MELLOR COMPARSA - "FUTBOLISTAS E GARDACIVÍS" (grupo de 1º e 2º ESO)
  • 2º PREMIO Á MELLOR COMPARSA - "TRIBO DE CANÍBAIS" (grupo de 4º A)
  • MENCIÓN ESPECIAL PARA "OS VELLOS MARCHOSOS" (grupo de 2º ESO)

Pódense ver as fotos, premendo aquí.

 

Admisión de novo alumnado para o curso 2011/2012

Calendario e normativa de admisión.Premer aquí


Documentación necesaria. Premer aquí

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO 2011.

Para ver o programa de actividades que se van realizar, premede aquí.

 FELIZ ENTROIDO 2011 A TOD@S!!!

 

... E NON ESQUEZADES QUE VOLVEMOS O XOVES 10 DE MARZO!!!

Visita ó Aquarium

Este venres 25 de Febreiro, o alumnado de Educación Infantil e 1º Ciclo de Educación Primaria visitamos o Aquarium Fisterrae de A Coruña. Coñecimos a Gastón e a Hermosa, os tiburóns que custodian o Aquarium e, como non, vimos como comían as focas. Preme no logo do Aquarium para poder ver as fotos.

 

 

 

FOTOS CO ESCRITOR GALEGO FRANCISCO CASTRO.

Xa están colgadas na galería da nosa web, as fotos do encontro no noso centro co escritor vigués Francisco Castro, do día 28 de febreiro.

Pódense ver, picando aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut