Complementarias

PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL "TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO"

O pasado venres, 10 de xaneiro, o conxunto do alumnado do CIFP Porta da Auga xunto co alumnado do IES Dionisio Gamallo achegouse ao Cine-Teatro de Ribadeo co fin de asistir á proxección do documental "Tódalas mulleres que coñezo", dirixido por Xiana Teixeiro, que nos acompañou na presentación e posterior coloquio sobre o filme. Esta actividade foi organizada pola Comisión de Igualdade do CIFP Porta da Auga. Dende o noso centro damos as grazas a Xiana Teixeiro pola realización deste filme sensibilizador e pola súa presenza, así como tamén ao profesorado e alumnado do IES Dionisio Gamallo pola súa asistencia, compromiso e participación activa neste acto. Parabéns a todas as compoñentes da Comisión de Igualdade polo seu bo facer!

IV XORNADA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL NO CIFP PORTA DA AUGA

O CIFP Porta da Auga rematou o ano 2019 celebrando a IV Xornada da Diversidade Funcional organizada polo Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade: grazas ás asociacións Entrecanes (Oviedo), ADACE (Lugo) e á Fundación Eu Son (Burela) por compartir as vosas experiencias e coñecementos con nós!

XORNADAS SOBRE A DIVERSIDADE FUNCIONAL

 

O pasado luns, o Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade organizou unha xornada no Centro para conmemorar o día internacional da diversidade funcional, na que contamos coa participación de Leticia Adrio (asociación de persoas xordas de Lugo), o Ribadense Iván Lindín, e os amigos de Eu son de Burela, que veñen sendo xa habituais nos últimos anos.

Agardamos que as charlas fosen do voso agrado e por suposto… Graciñas pola vosa asistencia.

 

Ciclo Formativo Atención a persoas en situación de dependencia: Visita ó recursos sociais do Concello de Ribadeo

 

Co fin de coñecer os recursos que ofrecen os Servizos Sociais do

Concello de Ribadeo para a atención ás persoas en situación de

dependencia, o alumnado do Ciclo Formativo Atención a

persoas en situación de dependencia, visitou, o pasado 9 de

novembro, as diferentes instalacións que podemos atopar na

zona atendendo aos diferentes perfís dos usuarios. Así, o grupo

tivo a oportunidade de achegarse á realidade neste ámbito,

coñecendo o Centro de Día “ A Concordia”, a vivenda

comunitaria e a Residencia para persoas maiores, da man de

persoal do concello e dos propios responsables de cada unha das

instalacións.

Visita ó Centro Loxístico de Pull&Bear

 

O 7 de novembro o grupo de 2º do C.S. de ADMINISTRACIÓN E

FINANZAS do CIFP PORTA DA AUGA de RIBADEO visitou o

CENTRO LOXÍSTICO DE PULL&BEAR, sito en Narón-Ferrol, que

pertence ó grupo INDITEX, que opera nos 5 continentes, co fin

de ver o seu proceso loxístico de distribución e deseño para

afianzar os coñecementos adquiridos na aula.

 

Dende esta páxina dar as grazas ó persoal da empresa que nos

explicou e mostrou amablemente suas instalacións.

Visita ao centro loxístico de Inditex na Coruña

 

Os alumnos de 2º do Ciclo Superior de Administración e Finanzas do CIFP PORTA DA AUGA, visitou o 22 de novembro un dos maiores grupos de distribución de moda que opera nos 5 continentes con máis de 7.000  tendas. Falamos de  INDITEX en Arteixo - Coruña. Con un eficiente sistema loxístico que abarca todos os procesos da moda: diseño, fabricación, distribución e venta nas súas propias tendas.

Actividade do Departamento de Electricidade

O Departamento de Electricidade e Electrónica ven de organizar unha actividade consistente nunha charla sobre a situación do sector relacionado coa Electricidade, máis concretamente sobre a situación actual das Empresas Instaladoras de Electricidade e Telecomunicacións,  da comarca de influencia do Centro Integrado de Ribadeo. Esta reunión celebrouse o pasado venres 17 de abril nun establecemento de hostalería de Ribadeo as 8:30 da tarde.

A reunión foron invitados antigos alumnos que remataron os seus estudios no ciclo de Electricidade no noso Centro Integrado nos últimos 8 anos así como tamén se invitaron a Empresas cuxos Instaladores autorizados fixeron estudios no noso Centro.

Na charla participaron a Asociación de Instaladores Electricistas da Provincia de Lugo (APIEL) , así como a Asociación Empresarial de Instalacións Eléctricas y Telecomunicacións de Asturias (INELTAS). Por parte de APIEL participou D. Eduardo Fernández Vila que é o presidente da citada Asociación. Por parte de INELTAS participou D. Guzmán Fernández López. A charla estivo presentada e presidida pola directora do CIFP Dª Beatriz Dobaño.

 Aparte da charla pasouse un pequeno cuestionario os antigos alumnos asistentes co gallo de coñecer a situación laboral actual así como opinións entorno a formación recibida no Centro. Tamén se lles preguntou por necesidades de formación continua.

 

 

( categories: )
Distribuir contido