Servizos socioculturais e á comunidade

ACTIVIDADES REALIZADAS DENDE O DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIOCULTURAIS E Á COMUNIDADE

O Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade vén de realizar recentemente novas actividades complementarias á formación: o pasado 23 de outubro o alumnado de primeiro curso do Ciclo formativo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia (modalidade ordinaria e Dual) visitou as instalacións da Residencia de Persoas Maiores de Ribadeo ademais de asistir a unha charla sobre o funcionamento dos Servizos Sociais do Concello. Así mesmo, o día 13 de novembro os mesmos grupos de alumnado realizaron unha actividade fóra do centro educativo centrada na detección de barreiras arquitectónicas na contorna urbana.

 

 

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS Á FORMACIÓN DO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIOCULTURAIS E Á COMUNIDADE

 

Dende o Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade comezamos o curso con bo pé e camiñando cara a participación social... Isto demóstrano as actividades que levan realizado dende o comezo deste curso: Participación na Celebración do Día Mundial do Alzheimer (en colaboración co Centro de Día "A Concordia"-Ribadeo-); organización da accción de sensibilización social "Signos de Diversidade" e realización de obradoiros de Lingua de Signos na Biblioteca do Porta da Auga por parte do alumnado do Ciclo Formativo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia; participación e colaboración na celebración do Día das Persoas Maiores (en colaboración co Centro de Día e a Residencia de Persoas Maiores de Ribadeo).

 

Seguiremos camiñando...

 

 

 

Resumo de actividade do último trimestre nas que participou o alumnado do CIFP do CS Educación Infantil

Achegamos unha pequena mostra das actividades nas que participou o alumnado de 1ºdo CS de Educación Infantil.

Dentro do programa Apego de Ribadeo, coa participación dos maiores e persoal do  Centro de Día A Concordia e os nenos e nenas da  Escola Infantil Nosa Señora do Campo, comezaron no mes de marzo as sesións de Os anos que achegan, un espazo común onde  nenas, nenos e persoas maiores de comparten e interaccionan tendo a transmisión do noso idioma como fío condutor. Fomos invitados e invitadas  a participar apoiando as sesións que se están a desenvolver no Centro de Día de Ribadeo. Deixámosvos unha foto da primeira sesión.

 

 

 

 

 

Outras das actividades que se veñen desenvolvendo todos os cursos é a visita ao Colexio da Capela para asistir a unha sesión de xogo tradicional guiada polos alumnos máis pequenos desta escola. Aproveitamos a visita para coñecer este cole e tamén o seu pequeno museo de xoguetes africanos.

 

 

 

Recollemeos aquí tamén a participación do alumnado do ciclo  como noutros anos na festa do Correlingua.

 

 

 

XORNADAS SOBRE A DIVERSIDADE FUNCIONAL

 

O pasado luns, o Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade organizou unha xornada no Centro para conmemorar o día internacional da diversidade funcional, na que contamos coa participación de Leticia Adrio (asociación de persoas xordas de Lugo), o Ribadense Iván Lindín, e os amigos de Eu son de Burela, que veñen sendo xa habituais nos últimos anos.

Agardamos que as charlas fosen do voso agrado e por suposto… Graciñas pola vosa asistencia.

 

Ciclo Formativo Atención a persoas en situación de dependencia: Visita ó recursos sociais do Concello de Ribadeo

 

Co fin de coñecer os recursos que ofrecen os Servizos Sociais do

Concello de Ribadeo para a atención ás persoas en situación de

dependencia, o alumnado do Ciclo Formativo Atención a

persoas en situación de dependencia, visitou, o pasado 9 de

novembro, as diferentes instalacións que podemos atopar na

zona atendendo aos diferentes perfís dos usuarios. Así, o grupo

tivo a oportunidade de achegarse á realidade neste ámbito,

coñecendo o Centro de Día “ A Concordia”, a vivenda

comunitaria e a Residencia para persoas maiores, da man de

persoal do concello e dos propios responsables de cada unha das

instalacións.

Distribuir contido