Xornada formativa sobre fibra óptica na familia de Electricidade

O luns día 8 de Abril pola tarde celebrouse nos talleres de Electricidade do CIFP PORTA DA AUGA unha xornada de formación sobre FIBRA ÓPTICA. Esta xornada foi dirixida a alumnos dos ciclos de grado medio e de grado superior da familia de electricidade. Ase mesmo tamén asistiron alumnos do curso de FPE de montaxe e mantemento de instalación de megafonía e de circuito pechado de TV que se está a celebrar polas tardes nas mesmas instalacións. A charla foi impartida por persoal da Empresa DIGAMEL de Lugo a quen dende aquí lle queremos agradecer a súa colaboración.

En vindeiras datas o departamento de electricidade realizará una xornada sobre manexo de aparatos de medida para certificación e comprobacións de instalación eléctricas. Neste caso esta xornada será aberta e aparte de ir dirixida cara os alumnos do ciclo de  grado superior poderán asistir calquera profesional interesado no tema. Nesta xornada traballaremos con  equipos de medida da marca HT INSTRUMENTS recentemente adquiridos polo departamento.