blogue dePORTA DA AUGA

Nova páxina web do CIFP Porta da Auga

 

 

 

 

 

 

 

Información actualizada na nova páxina web do CIFP Porta da Auga:

 

http://portadaauga.es/

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

INFORMACIÓN DO DEPARTAMENTO DE INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN PROFESIONAL ANTE A SUSPENSIÓN DAS CLASES

Dende o Departamento  de Información e Orientación Profesional informase que  ante a suspensión das clases a causa  da pandemia do COVID-19 e debido a imposibilidade de traballar presencialmente,  aquelas persoas que queiran contactar coa orientadora poden facelo a través da seguinte dirección   orientacion.cifp.portadaauga@edu.xunta.es

VISITA AO PARLAMENTO DE GALIZA DO ALUMNADO DE ADMINISTRACIÓN

O alumnado dos primeiros cursos dos ciclos Básico de Servizos Administrativos, Medio de Xestión Administrativa e Superior de Administración e Finanzas desprazouse a Santiago de Compostela para visitar o Parlamento de Galicia.

Durante esta actividade recibiron unha amena explicación sobre o funcionamento da Cámara, e puideron coñecer todos os espazos relevantes da súa sede, así como a súa moi importante colección contemporánea de obras de obras de artistas galegos.

Á tarde visitaron o Museo do Pobo Galego, o principal continente da nosa historia sobre os oficios, habitat, festas e xeitos de vida do noso pobo.

Tamén houbo tempo pasa un paseo polos principais lugares da nosa capital, gozando do seu animado ambiente.

CONCURSO "DALLE OUTRA VIDA" (DEPARTAMENTO DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS)

Presentamos ás premiadas no concurso "Dalle outra vida":

1º PREMIO “AJEDREZ DE CORCHO”, materiais reutilizados: cartón, papel de periódico, tapóns de corcho. Presentado por Marta Alonso de 1ºC.S. de Administración e Finanzas.

2º PREMIO “ORGANIZADOR DE LÁPICES, BROCHAS”…materiais reutilizados:    botellas de plástico, corda. Presentado por Carmen Barrera de 1º C.M. de Administrativo.

         3º PREMIO “ PAPELEIRA”, materiais reutilizados: neumáticos.

Presentado por Nerea Freije de 1º C.M. de Administrativo

PARABÉNS A TODAS!

VISITA AOS XULGADOS DO SOCIAL DE LUGO (CICLOS XESTIÓN ADMINISTRATIVA E ADMINISTRACIÓN E FINANZAS)

O luns 10 de febreiro, o alumnado de 2º curso de Ciclo Medio de Xestión Administrativa e de 2º de Ciclo Superior de Administración e Finanzas realizou a programada actividade complementaria á formación (ACF) Visita aos Xulgados do Social de Lugo.

En concreto puideron asistir a varios xuízos laborais. Un dos mesmos resultou de especial interese dada a importancia do tema, un despedimento improcedente, e a riqueza procesal da vista presenciada, na que, aparte da pertinente documentación presentada polas partes, se viron gravacións de vídeo e compareceron testemuñas, tanto por parte do traballador como da empresa, e dun perito experto no asunto en litixio.

A actividade foi sumamente positiva, dado que se puideron ver claros exemplos prácticos de contidos estudados nas clases de Recursos Humanos, nomeadamente os relativos a contratación laboral e a causas de despedimento disciplinario.

Agardamos agora con impaciencia a coñecer as respectivas sentenzas, que serán obxecto de análise e comentario en clase.

A mañá completouse cun paseo pola zona centro da cidade amurallada, despois do cal se iniciou o regreso ao noso centro.

I CONCURSO "MEMES POLO GALEGO" DO CIFP PORTA DA AUGA

Adxuntamos as bases da convocatoria do I CONCURSO "MEMES POLO GALEGO"

Animádevos a participar!

PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL "TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO"

O pasado venres, 10 de xaneiro, o conxunto do alumnado do CIFP Porta da Auga xunto co alumnado do IES Dionisio Gamallo achegouse ao Cine-Teatro de Ribadeo co fin de asistir á proxección do documental "Tódalas mulleres que coñezo", dirixido por Xiana Teixeiro, que nos acompañou na presentación e posterior coloquio sobre o filme. Esta actividade foi organizada pola Comisión de Igualdade do CIFP Porta da Auga. Dende o noso centro damos as grazas a Xiana Teixeiro pola realización deste filme sensibilizador e pola súa presenza, así como tamén ao profesorado e alumnado do IES Dionisio Gamallo pola súa asistencia, compromiso e participación activa neste acto. Parabéns a todas as compoñentes da Comisión de Igualdade polo seu bo facer!

IV XORNADA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL NO CIFP PORTA DA AUGA

O CIFP Porta da Auga rematou o ano 2019 celebrando a IV Xornada da Diversidade Funcional organizada polo Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade: grazas ás asociacións Entrecanes (Oviedo), ADACE (Lugo) e á Fundación Eu Son (Burela) por compartir as vosas experiencias e coñecementos con nós!

ENTREGA DE PREMIOS Á MELLOR PORTADA E CONTRAPORTADA DA PRESENTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DOS MÓDULOS IMPARTIDOS (ADMINISTRATIVO)

Os/as gañadores/as dos premios á mellor portada e contraportada das programacións dos módulos impartidos pola familia de Administrativo, dentro do Ciclo de FP Básica Servizos Administrativos, foron:

  • María García
  • Ainhoa Lorigados
  • Fabián García
  • David Álvarez

Parabéns aos e ás premiados/as!

Distribuir contido