blogue dePORTA DA AUGA

Mobilidades Erasmus+K103 curso 2019

 

Estamos a piques de rematar xa os periodos de FCT nas empresas.

O alumno  Danie Gómez Quelle do Ciclo Superior de Automoción envíanos unha foto sobre o desenvolvemento do seu traballo no taller de Warendorf (Alemaña) no que se atopa realizando o periodo de FCT. Pronto estará de volta para contarnos a súa experiencia.

Resumo de actividade do último trimestre nas que participou o alumnado do CIFP do CS Educación Infantil

Achegamos unha pequena mostra das actividades nas que participou o alumnado de 1ºdo CS de Educación Infantil.

Dentro do programa Apego de Ribadeo, coa participación dos maiores e persoal do  Centro de Día A Concordia e os nenos e nenas da  Escola Infantil Nosa Señora do Campo, comezaron no mes de marzo as sesións de Os anos que achegan, un espazo común onde  nenas, nenos e persoas maiores de comparten e interaccionan tendo a transmisión do noso idioma como fío condutor. Fomos invitados e invitadas  a participar apoiando as sesións que se están a desenvolver no Centro de Día de Ribadeo. Deixámosvos unha foto da primeira sesión.

 

 

 

 

 

Outras das actividades que se veñen desenvolvendo todos os cursos é a visita ao Colexio da Capela para asistir a unha sesión de xogo tradicional guiada polos alumnos máis pequenos desta escola. Aproveitamos a visita para coñecer este cole e tamén o seu pequeno museo de xoguetes africanos.

 

 

 

Recollemeos aquí tamén a participación do alumnado do ciclo  como noutros anos na festa do Correlingua.

 

 

 

Xornada de acollemento Probas Libres 2019

Convócase a todas e todos os matriculados á xornada de acollemento o próximo venres 31 ás 19:00 no salón de actos do CIFP Porta da Auga.

Recórdase que, según recolle a  ORDE do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, a asistencia é obrigatoria.

Os centros realizarán a baixa de oficio da matrícula da proba cando unha persoa matriculada non asista inxustificadamente á xornada de acollemento a que se refire o artigo 22.2 ou a calquera das partes en que se organiza a proba de cada módulo profesional.

 

 

Prazas vacantes para o proceso de probas libres

Si estás interesado en matricularte nas Probas Libres aínda estás a tempo.

O prazo remata o día 31 de maio ás 13:00.

Consulta as prazas vacantes no seguinte enlace.

ww.edu.xunta.es/fp/node/15349

 

 

Aberto o prazo de presentación de solicitudes Probas Libres 2019

 

Ábrese o prazo de matrícula para as probas libres.

Consulta aquí as solicitudes admitidas.

 Toda a información sobre esta convocatoria no seguinte enlace

http://www.edu.xunta.es/fp/probas-libres-convocatoria-actual

 

 

( categories: )

Presentación en FPInnova2019 na Cidade da Cultura do Proxecto didáctico desenvolvido polo profesor Benito Fernández Rey .

 

Nesta foto o profesor do noso centro Benito Fernández xunto ao profesor colaborador e o alumnado do ciclo.

( categories: )

Congreso de Innovación na Formación Profesional 2019

Hoxe comeza o Congreso de Innovación na Formación Profesional no Gaias en Santiago de compostela.

O noso alumnado participa amosando diferentes proxectos que se levaron a cabo durante este curso no CIFP.

Nas fotografías aparecen algún dos alumnos do CM de Electromecánica que puxeron en marcha a miniempresa dirixidos por Álvaro Doural e a coordinadora de emprendemento Marisol Folgueira.

Por outra banda, o profesor do Departamento de Electricidade, acompañado do alumnado, presenta o seu proxecto de aplicación para tocar as campás dunha igrexia.

Tamén particpamos cun taller a cargo do Departamento de Obra Civil e Construcción.

( categories: )

Xornada formativa sobre fibra óptica na familia de Electricidade

O luns día 8 de Abril pola tarde celebrouse nos talleres de Electricidade do CIFP PORTA DA AUGA unha xornada de formación sobre FIBRA ÓPTICA. Esta xornada foi dirixida a alumnos dos ciclos de grado medio e de grado superior da familia de electricidade. Ase mesmo tamén asistiron alumnos do curso de FPE de montaxe e mantemento de instalación de megafonía e de circuito pechado de TV que se está a celebrar polas tardes nas mesmas instalacións. A charla foi impartida por persoal da Empresa DIGAMEL de Lugo a quen dende aquí lle queremos agradecer a súa colaboración.

En vindeiras datas o departamento de electricidade realizará una xornada sobre manexo de aparatos de medida para certificación e comprobacións de instalación eléctricas. Neste caso esta xornada será aberta e aparte de ir dirixida cara os alumnos do ciclo de  grado superior poderán asistir calquera profesional interesado no tema. Nesta xornada traballaremos con  equipos de medida da marca HT INSTRUMENTS recentemente adquiridos polo departamento.

 

 

 

 

Probas libres 2019. Bibliografía

Se estás interesado en presentarte ás probas libres nalgún dos módulos que impartimos no @CifpPortadaAuga aquí podes consultar a bibliografía para preparar cada unha das probas. 

Para máis información podes acudir ao departamento de información e orientación profesional. 

 A continuación se expoñen a bibliografia para cada unha das familias profesionais.

Podes visualizala ou descargala en pdf pinchando no icono da familia:

Distribuir contido