Novo curso de megafonía, sonorización de locais e circuitos pechado de TV (CPTV)

 

As unidades de competencia deste certificado de profesionalidade son:

  • UC0597_2 : Montar e manter instalacións de megafonía e sonorización de locais.
  • UC0598_2: Montar e manter instalacións de circuito pechado de TV.

 Para máis información visita o departamento de Electricidade e electrónica clicando aquí.

 Tamén podes obter máis información chamando ó teléfono 609822649

 

 

Visita dos alumnos de 1º de Ciclo Medio de Carrozaría á empresa Castrosúa en Santiago de Compostela.

O alumnado da Familia Profesional de Tansporte e Mantemento de Vehículos visitou, o 03/03/17 as instalación da empresa de construcción de carrocerías Castrosúa, nas cales puideron observar parte dos procesos da construcción de carrocerías de autobuses urbanos e interurbanos.

 

Taller de Lecer

 

Ao amparo do Programa Lanzadeira o alumnado de 2º de Dependencia crea unha mini empresa chamada Ribadeo lecer, que implementa un proxecto chamado Experimenta co lecer que vai destinado a usurios/as de máis de 60 anos. Desenvolverase mediante talleres de lecer e comunicación (obradoiros de lecer) os mércores de 10:30 a 12:30 no CIFP Porta da Auga desde o día 8 de febreiro  (son 4 mércores), o número de prazas ofertado é de 14, deixando 10 prazas de reserva.
O prezo total é de 5 euros.

 

Visita a Lugo ós xulgados do social e ó rexistro mercantil.

O día 20 de decembro de 2.016 un grupo de alumnos de 2º de Administración e Finanzas do C.I.F.P. “PORTA DA AUGA” de Ribadeo, acompañados por dous profesores, acudiron a Lugo ás seguintes actividades:

Pola mañá asistiron nos Xulgados do Social a presenciar xuízos sobre cuestións de índole laboral (despedimentos, reclamación de cantidades, etc.). A xuíza, de xeito moi amable, entre xuízo e xuízo, deu unha breve explicación xurídica sobre as cuestións que se acababan de ver, explicacións que, tanto alumnos como profesores agradecemos, pois axudaban a entender o que alí se acababa de dirimir. Esta actividade foi organizada polo profesor de Recursos Humanos, Anxo Martínez Pérez.

                Pola tarde a visita foi ó Rexistro Mercantil onde os alumnos recibiron unha breve charla sobre os seguintes temas: legalización de libros contables, depósito de contas anuais e inscrición das sociedades no Rexistro Mercantil, temas todos eles referidos a trámites de natureza contable que hai que realizar no Rexistro Mercantil. Esta actividade foi organizada polo profesor de Contabilidade e Fiscalidade Xosé María Martínez Fernández.

 

 

Visita ao centro loxístico de Inditex na Coruña

 

Os alumnos de 2º do Ciclo Superior de Administración e Finanzas do CIFP PORTA DA AUGA, visitou o 22 de novembro un dos maiores grupos de distribución de moda que opera nos 5 continentes con máis de 7.000  tendas. Falamos de  INDITEX en Arteixo - Coruña. Con un eficiente sistema loxístico que abarca todos os procesos da moda: diseño, fabricación, distribución e venta nas súas propias tendas.

Xornada de Formación profesional continua

 O Departamento de Electricidade e electrónica vai organizar unha xornada de formación en colaboración coas empresas

 

CURSO PRÁCTICO  SOBRE CADROS ELÉCTRICOS INTELIXENTES A CELEBRAR NO CIFP PORTA DA AUGA DE RIBADEO

 O curso terá lugar o próximo mércores día 9 de novembro no salón de actos do CIFP e en horario dende as 19:30 ata as 21:00 horas. Vai dirixido a persoas relacionadas coa instalación eléctrica.

Trátase dunha charla técnica que será eminentemente práctica e na que configuraremos un SMARTLINK a través de un PC o cal nos permitirá gobernar os circuitos e as súas proteccións via web.

Para elo Dispoñeremos dunha maqueta co producto real o cal configuraráse perante a charla partindo dende CERO empregando un PC, o cal será proxectado para que os asistentes poidan velo.

 Máis información clika aquí

Presentacións inicio curso.

 

Presentacións Curso 2016-17

Premer aquí.

Festividade local

 

 

O Xoves 8 de Setembro o centro permanecerá

pechado por festividade local.

 

 

Exames Setembro FP Básica

 

Datas dos Exames de Setembro correspondentes a FP Básica.          Facer clic aquí

 

 

Matrícula 2016-2017

Información sobre matrícula en ciclos formativos para o curso 2016-2017 pincha aquí

Oferta educativa do CIFP PORTA DA AUGA para o curso 2016-2017.

Familia profesional Ciclo formativo Tipo de ensinanza, réxime GRADO
CFGM de Xestión Administrativa  Ordinario Presencial Medio
CFGM de Xestión Administrativa Semipresencial a distancia Medio
CFGS Administración e finanzas Ordinario Presencial Superior
CFGS Educación Infantil Ordinario Presencial Superior
CFGM en Atención a Persoas en Situación de Dependencia.
Ordinario Presencial Medio
CFGM Instalacións electrotécnicas e automatizadas Ordinario Presencial Medio

CFGS Sistemas Electrotécnicos e automatizados

(Novidade)

Modular Presencial Superior
 CFGM de Obras de interior, decoración e rehabilitación  Modular Presencial  Medio
     CF de Formación Profesional Básica Ordinario Presencial  FP básica
 CFGM Carrozaría Ordinario Presencial  Medio
 CFGM Electromecánica de vehículos  Ordinario Presencial  Medio
 CFGS Automoción Ordinario Presencial  Superior
Distribuir contido