Novas

Departamento de Administración: Visita a Sargadelos

O Pasado 10 de outubro o grupo de 2º do C.S. de ADMINISTRACIÓN E FINANZAS do CIFP PORTA DA AUGA de Ribadeo-Lugo VISITOU A FÁBRICA DE SARGADELOS  co fin de coñecer o seu sistema de producción en planta circular e comprobar que son fieles o seu eslogan que é a marca da casa: DESEÑO, CULTURA, HISTORIA E CALIDADE. Dar as grazas polo seu acollemento os/as traballadores/as de esta “pequeña gran industria”.

 

Admisión FP Dual CM Electromecánica de maquinaria

O noso CM de Electromecánica de maquinaria, (En modalidade FP Dual), prorroga o prazo de admisión durante todo o mes de Xullo. Rogamos ós interesados que se acheguen pola nosa oficina de secretaría para recibir máis información ou chamar ó 982128894.

 

 

Nova oferta modular de ciclo formativo de Grao Superior de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados.Curso 2017/18

Para o vindeiro curso 2017-2018 impartiremos unha oferta modular de 4 módulos do CFGS Sistemas electrotécnicos e automatizadoda familia de Electricidade e Electrónica.

 

A oferta será dos módulos seguintes:

 

Modulo Profesional Nº horas Nº horas a semana Unidades de competencia asociadas
MP0523. Configuración de instalacións
domóticas e automáticas.
140h 5 • UC0829_3: desenvolver proxectos de instalacións eléctricas
de baixa tensión no ámbito de edificios de vivendas,
industrias, oficinas e locais de pública concorrencia.
• UC0830_3: desenvolver proxectos de instalacións eléctricas
de baixa tensión en locais de características especiais e
instalacións con fins especiais.
• UC0834_3: desenvolver proxectos de instalacións de iluminación
exterior.

 

 

MP0524. Configuración de instalacións eléctricas. 140h 5
MP0519. Documentación técnica en instalacións
eléctricas.
105h 3
MP0528. Empresa e iniciativa emprendedora. 53h 2

 Para coñecer o horario destes módulos pincha aquí.

AO ser unha oferta modular non é necesario matricularse dos 4 módulos. A matriculación nestas ensinanzas debe realizarse cubrindo a solicitude via web. Preme aquí.

 Máis información sobre matrículación e solicitude de praza aquí.

FP Dual Electromecánica de maquinaria (Curso 2017/18):

No próximo curso ofertarase por primeira vez no noso centro o Ciclo Medio de Electromecánica de maquinaria en réxime de FP dual. Este réxime ten unhas implicacións de coordinación e relación con empresas moi superior ao réxime ordinario.

Empresas do sector forestal manifestáronnos as dificultades que estaban a ter para poder contratar traballadores coa formación e capacitación adecuada, así que, tras contactar e reunirnos con estas e outras empresas do sector, comezamos a perfilar este ciclo de Dual, axeitado para formar traballadores produtivos nun prazo de tres anos, e co incentivo para os estudantes dunha remuneración económica por parte das empresas desde o primeiro momento. Os alumnos deste ciclo recibirán a maior parte da formación teórica de cada módulo no noso centro, a parte teórica máis específica e a formación práctica recibirana na empresa que lles corresponda.

Os candidatos deben ter idades comprendidas entre os 18 e os 29 anos. Terán que superar un proceso de selección ( entrevista persoal na empresa correspondente), así como cumprir os requisitos de acceso.

As empresas que van participar no proxecto son:

Dingoma S.A: Empresa asturiana do sector de maquinaria forestal constituída no ano 1992. Están especializados na construción de Autocargadores, Equipos contra incendios, Equipos de compactado e Dumper, sita en Jarrio.

Monra Forestal:  Antigos talleres Ramón Castro. Empresa asturiana especializada na construción de cabezais procesadores e empacadoras enfardadoras de biomasa e residuos forestais, situada en Castropol.

Fondrigo Maquinaria: Empresa asturiana especializada en Maquinaria agrícola e de construción, obra pública e urbana. Son importadores das marcas Schäffer e Westermann. Ubicada en Vegadeo.

Talleres Rouco: Empresa galega situada no Valadouro. Están especializados na reparación e venda de todo tipo de maquinaria forestal, agrícola e de obras públicas. Tamén traballan con maquinaria de elevación e transporte.

TECMAF: O centro técnico de maquinaria forestal foi fundado no 2005 e está situado no polígono de Barreiros. Traballan na reparación de todo tipo de maquinaria forestal cunha elevada especialización, posúen unhas instalacións de 3.600  m2 e realizan reparacións de maquinaria in situ.

Logmax Iberia: Empresa de nova creación situada no Polígono industrial de Fazouro, importadora en España das marca suecas Eco log, Log Max, Bruks e a estadounidense C.B.I, especializada en maquinaria forestal.

 

CLUN: Cooperativas Láctea Unidas. A gran cooperativa galega colaborará connosco coa súa sección de maquinaria agrícola. 

Cualificacións de Probas Libres 2017

Publicanse as cualificacións da parte teórica  das probas libres para á obtención dos módulos dos ciclos formativos:

-CS Administracion e finanzas.Preme aquí.

-CM Xestión Administrativa.Preme aquí.

-Cs Educación Infantil.Preme aquí.

-CM Atención á Persoas en Situación de Dependencia.Preme aquí.

-CM Obras de Interior.Preme aquí.

 

Publicanse as cualificacións da parte práctica das probas libres para á obtención dos módulos dos ciclos formativos:

-CS Administracion e finanzas.Preme aquí.

-CM Xestión Administrativa.Preme aquí.

-Cs Educación Infantil.Preme aquí.

-CM Atención á Persoas en Situación de Dependencia.Preme aquí.

-CM Obras de Interior.Preme aquí.

( categories: )

Visita dos alumnos de 1º de Ciclo Medio de Carrozaría ás empresas Carrocerías Hnos. Rega e á fábrica de lanchas Moggaro Aluminium Yachts.

O alumnado da Familia Profesional de Transporte e Mantemento de Vehículos visitou o 05/04/17 as instalacións das empresas de construcción de carrocerías Hnos. Rega e Moggaro Aluminium Yachts, nas cales puideron observar parte dos procesos da construcción de carrocerías. 

Foto Visita Carrozaria 1

 

Foto Visita Carrozaria 2

Foto Visita Carrozaria 3

Obradoiro de Comunicación on-line (28/03/17)

Os alumnos de 2º do C.M. de Xestión Administrativa xunto cos de 1º do C.S. de Administración e Finanzas participaron nun obradoiro sobre “Comunicación online para empresa” o día 28 de Marzo, impartido por Blanca Díaz Reimunde.

 

O obxectivo deste obradoiro é que o alumnado coñeza as posibilidades que achega o emprego correcto das redes sociais no ámbito profesional, os medios máis axeitados para a creación de páxinas web e blogues de empresa, así como outras ferramentas de comunicación e marketing que lles resultarán moi útiles na súa vida laboral, como a creación dun perfil profesional en Likendin.

 

Foto Obradoiro Comunicacion online para a empresa

Distribuir contido