blogue dePORTA DA AUGA

PARTICIPACIÓN NAS ACTIVIDADES POLO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Onte, 25 de novembro, alumnado e profesorado do CIFP Porta da Auga participuo na xornada contra a violencia de xénero promovida polo Concello de Ribadeo, dentro das actividades programadas dentro da campaña "Ribadeo en Negro", desta vez co lema "Ribadeo, Camiño Seguro". Dende o noso Centro, e asociado á nova Comisión de Igualdade creada no mesmo, inauguramos o noso logo "Porta Lila", co eslógan "Vivas e Libres", plantexado para a ocasión.

ACTIVIDADE SENSIBILIZADORA POLO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Dende o CIFP Porta da Auga animámosvos a colocar esta foto como foto de perfil nas vosas redes sociais (Whatsapp, Instagram...) co fin de sumarnos á mobilización polo Día Contra a Violencia de Xénero que se celebrará o vindeiro luns 25 de novembro.

ACTIVIDADES REALIZADAS DENDE O DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIOCULTURAIS E Á COMUNIDADE

O Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade vén de realizar recentemente novas actividades complementarias á formación: o pasado 23 de outubro o alumnado de primeiro curso do Ciclo formativo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia (modalidade ordinaria e Dual) visitou as instalacións da Residencia de Persoas Maiores de Ribadeo ademais de asistir a unha charla sobre o funcionamento dos Servizos Sociais do Concello. Así mesmo, o día 13 de novembro os mesmos grupos de alumnado realizaron unha actividade fóra do centro educativo centrada na detección de barreiras arquitectónicas na contorna urbana.

 

 

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO E O SAMAÍN NO PORTA DA AUGA

O pasado 30 de outubro toda a comunidade educativa do CIFP Porta da Auga viviu unha xornada distinta con motivo da celebración do Samaín e o Magosto. Degustáronse castañas recén asadas e ademais todas e todos desfrutamos de xogos organizados polo alumnado do Ciclo Formativo de Educación Infantil. Así mesmo, algunhas e algúns participantes mostraron a súa creatividade cos seus vestidos e disfraces baseados na temática do Samaín. Para rematar a xornada preparáronse uns pinchos que sentaron base para establecer vínculos e xerar un ambiente de boa convivencia no no noso centro. Moitas grazas a todas as persoas participantes, destacando especialmente o grande labor e esforzo dos/as compoñentes da Comisión de Convivencia e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Centro!

 

( categories: )

ACF DO DEPARMENTO DE ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN: VISITA ÁS INSTALACIÓNS DE "CORPORACIÓN ALIMENTARIA PEÑASANTA"

O 15 de outubro os grupos de 1º e 2º do C.S. de ADMINISTRACIÓN E FINANZAS do CIFP PORTA DA AUGA de RIBADEO visitou as instalacións de CORPORACIÓN ALIMENTARIA PEÑASANTA, sitas na Granda-Siero-Asturias, co fin de coñecer o proceso productivo e a loxística empresarial desta gran empresa e así afianzar os coñecementos adquiridos nas aulas.

Dende esta páxina dar as grazas ó persoal da empresa que nos explicou e mostrou amablemente as suas instalacións.

 

ACF DO DEPARMENTO DE ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN: VISITA ÁS INSTALACIÓNS DE "CORPORACIÓN ALIMENTARIA PEÑASANTA"

O 15 de outubro os grupos de 1º e 2º do C.S. de ADMINISTRACIÓN E FINANZAS do CIFP PORTA DA AUGA de RIBADEO visitou as instalacións de "CORPORACIÓN ALIMENTARIA PEÑASANTA", sitas na Granda-Siero-Asturias, co fin de coñecer o proceso productivo e a loxística empresarial desta gran empresa e así afianzar os coñecementos adquiridos nas aulas.

Dende esta páxina dar as grazas ó persoal da empresa que nos explicou e mostrou amablemente as suas instalacións.

 

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS Á FORMACIÓN DO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIOCULTURAIS E Á COMUNIDADE

 

Dende o Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade comezamos o curso con bo pé e camiñando cara a participación social... Isto demóstrano as actividades que levan realizado dende o comezo deste curso: Participación na Celebración do Día Mundial do Alzheimer (en colaboración co Centro de Día "A Concordia"-Ribadeo-); organización da accción de sensibilización social "Signos de Diversidade" e realización de obradoiros de Lingua de Signos na Biblioteca do Porta da Auga por parte do alumnado do Ciclo Formativo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia; participación e colaboración na celebración do Día das Persoas Maiores (en colaboración co Centro de Día e a Residencia de Persoas Maiores de Ribadeo).

 

Seguiremos camiñando...

 

 

 

Notas Probas Libres 2019 segunda parte e final.

1ºArquivo notas de CM Electromecánica, CS Educación Infantil, CS Administración e Finanzas, CS de Automoción (incompleto)

2ºArquivo nota de CS Automoción (incompleto)

( categories: )

Oferta formativa 2019-2020

Toda a información no CIFP.Consulta as modalidades nas que se ofrece cada formación.

 

 

Cualificacións Probas Libres 2019

Nos arquivos que tes a continuación podes atopar as cualificacións da primeira parte das probas libres.

1ºArquivo. Notas dos seguintes ciclos: CM Electromecánica, CS Educación Infantil, CS Administración e Finazas.

2ºArquivo. Notas CS Automoción.

( categories: )
Distribuir contido