FORMALIZACION DE MATRICULA 2019/20

Enviado por ninesrey o Xov, 01/06/2017 - 17:29

 

Informamosvos do prazo de presentación de matrícula para  todos os que estades admitidos no noso centro. Dende o 20 de Xuño ao 1 de Xullo.

  • Cubrir o Anexo III-1 ( o podedes descargar do arquivo adxunto ou vir buscalo ao centro).
  • 4 Fotos tamaño carnet para 4º de Educación Infantil e 2 Fotos tamaño carnet para Educación Primaria.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.
  • Cadro de vacinación do alumno/a.
  • Alerxias e medicación.

 

Nota: Para calquer información  atenderemosvos en secretaría dende as 9:00 ou no teléfono 886120180.

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA 3º,4º,5º E 6º DE PRIMARIA , AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO PARA 1º E 2º PRIMARIA E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2019/20

Enviado por ninesrey o Mar, 23/05/2017 - 11:24

Informamosvos do fondo solidario de libros e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2019/2020. https://www.edu.xunta.gal/portal/

Se dispoñen de Chave365 ou certificado dixital poden cubrir o formulario de solicitude a través do menú Cidadán.

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

 

Adxuntamos en arquivo adxunto a ORDE do 3 de maio de 2019 que o regula e o anexo I e anexo II para cumprimentar.

Para calquer dúbida estamos a vosa disposición no teléfono de secretaría 886120180.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2020/2021

Enviado por admin o Mér, 03/02/2016 - 14:23

 

                                                        

                         XORNADA DE  PORTAS ABERTAS!!!

      CURSO  2020/21

 

     

 

 

O 18 de febreiro  único día das xornadas de portas abertas para todas as familias interesadas en coñecer o noso centro.    (Duración sobre unha hora)

   Pola mañá: 12:30h     Pola tarde: 17:00h

Nota: Non é necesario pedir cita, procurade ser puntuais.Grazas

 

 

 

PRAZAS VACANTES (En arquivo adxunto)

 

ESTAS LETRAS GALEGAS 2022 SERÁN ...

Enviado por ninesrey o Mar, 17/05/2022 - 16:19

 Os Camiños  de Versos  que levan ao Muro do Seis  ….. levando a poesía aos establecimentos do barrio conxuntamente  !!!, “Polo Correo do Vento” estará con nós o 19 de Maio con Florencio Delgado Gurriarán …

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!!

     

 Florencio Delgado Gurriarán, a Canción. Samuel Soto 

 https://www.youtube.com/watch?v=NJpruv5tL80

 

                                   

 

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS CURSO 2022/23

Enviado por ninesrey o Lun, 31/01/2022 - 21:58

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS o día 8 de febrero e  15 de febrero

CURSO 2022/23

 

  O 8 de Febreiro de mañá de 9.15 a 10.15 e de tarde de 16.15 a 17.15

 O 15 de Febreiro de mañá de 9.15 a 10.15 e de tarde de 16.15 a 17.15

                                 

  

 

 

A VENDIMA NO SEIS DO NADAL !!!! EXPERIENCIA MULTISENSORIAL!!!!

Enviado por ninesrey o Dom, 26/09/2021 - 18:37

O xoves  23 DE SETEMBRO comenzou  a vendima  no  CEIP Seis do Nadal  , con axuda do noso conxerse Eloi que construíu o armazón da parra e o agasallo das uvas  dos viñedos Hnos Morte  este ano as nosas compañeiras de 5º e 6º de infantil relacionado co  proxecto “Os camiños do viño no  Seis”  ensinaron o proceso do pisado do viño no lagar …tremenda experiencia multisensorial para as crianzas. Aproveitando a vendimia degustaron mosto fresquiño con moito deleite. 

 

 

 

( categories: )

DÍA DA PAZ

Enviado por Anónimo o Lun, 03/02/2020 - 11:56

O xoves día 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Fixemos un acto conxunto cantando a canción "Apertas que voan" de Paco Nogueiras con lingua de signos. Tamén cada clase participou na decoración da Pomba da paz

( categories: )

SAMAÍN 2019

Enviado por Anónimo o Mér, 30/10/2019 - 12:50

 

Estes días  celebramos o Samaín no cole. Queremos cambiar o mundo defendendo as nosas tradicións , respectándoas e valorándoas, para logo comprender as dos demais.

Quedounos unha exposición maravillosa, grazas á participación de toda a Comunidade Educativa, que se volcou para que estivera así de lucida. Ainda que non daba moito medo, cando apareceu o lobishome, algúns nenos e nenas  ainda tremeron coa súa presenza. Logo déronlle a patiña e ata houbo bicos. Ao remate, foi que este lobishome era  un lobo boíño!

Moitas grazas a todos e todas  por implicarvos tanto  nas actividades dos fillos e fillas e do alumnado!

Vai a folla que se enviou ás familias , por se a queredes poner como arquivo.

ARQUIVO SAMAÍN

 

CONCERTOS DE OVIRAVAI E MITIC

Enviado por Anónimo o Lun, 17/06/2019 - 09:48

 No colexio actuaron os grupos de música Oviravai e Mitic

 OVIRAVAI

O grupo musical OVIRAVAI presentou o traballo "PAIO E O PODER DA MÚSICA"

Despois de traballar as cancións na clase de música, os nenos e nenas cantaron, bailaron e

disfrutaron un montón cos temas como: Reciclar, Rosalía ou unha mensaxe da terra.

MITIC

Concertazo de MITIC no noso cole. Os nenos e nenas xa levan o Rock and Roll e a gaita no

corazón. Gracias por achegar a gaita os nenos con ese arte no escenario!

 

 

( categories: )

REBUMBIO MATEMÁTICO

Enviado por ninesrey o Xov, 09/05/2019 - 13:42

Parabéns!!!!

As nosas alumnas de Sexto de Primaria clasificadas  Segundo lugar de toda Galiza no Rebumbio matemático Laura Núñez, Cristina Núñez e Nadia Múñiz.

 

c775fad8-754e-4fe5-a7bd-399a9bc35474.jpg

( categories: )
Distribuir contido