Becas e axudas o estudo para os nenos e nenas con necesidade de apoio educativo para o curso 2022/23

Enviado por ninesrey o Ven, 27/05/2022 - 00:00
                 

Estimadas familias xa podedes solicitar  as becas e axudas o estudo para os nenos e nenas con necesidade de apoio educativo para o curso 2022/23:

Resolución da Secretaria de Estado de Educación por la que se convocan estas axudas (ver anexo adxunto) 

De conformidade co previsto nos artigos 17.3. b e 20.8.a de a Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/626704)

https://sede.educacion.gob.es/portada.html

As solicitudes tanto de axuda como de subsidio deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional na dirección  https://sede.educacion.gob.es

Nota: Entrega no Departamento de Orientación do Centro a partir de Setembro 2022. Para calquera dúbida chamar ao teléfono 886120180.

 
( categories: )

Información para a participación no Fondo Libros de Texto e Axudas para o Material Escolar, na Educación Primaria. Curso académico 2022/23.

Enviado por ninesrey o Ven, 20/05/2022 - 14:19

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23. Preme para ir na a convocatoria no DOG

Preme para ir o Portal Educativo

Prazo de presentación : Do 19 de maio ata  22 de xuño (incluído) de 2022

FORMAS DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE:

Presentaranse preferentemente por vía electrónica accedendo á aplicación  Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo asi o número de solicitude, e posteriormente poderan optar polas seguintes formas de presentación:

1.   Presentacion no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentacion (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación).

2.   Presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

3.   Presentación  en secretaría do centro cubertos os anexos I e II podedes descargalos ou vir buscalos ao centro de 9.30 a 14.00 (Cita previa para a entrega 886120180)

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (Anexo I) a seguinte documentación:

AnexoII (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan o libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2019, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

Setenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Certificado ou volante de convivencia.

Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 Nota Importante: O alumnado que vai o instituto adscrito e tod@s os que xa están admitidos teñen que entregalo no seu IES. Os que non teñen centro asignado o tedes que entregar no colexio.

ESTAS LETRAS GALEGAS 2022 SERÁN...

Enviado por ninesrey o Mar, 17/05/2022 - 17:54

Os Camiños  de Versos  que levan ao Muro do Seis  ….. levando a poesía aos establecimentos do barrio conxuntamente  !!!, “Polo Correo do Vento” estará con nós o 19 de Maio con Florencio Delgado Gurriarán …

https://opentagramamaxico.wordpress.com/2022/05/22/polo-correo-do-vento/

http://atlasdossonhos.blogspot.com/2022/05/polo-correo-do-vento.html

 

 

 

 

 

 

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!! visítanos....

 

 

 

Florencio Delgado Gurriarán, a canción. Samuel Soto.

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=NJpruv5tL80

http://atlasdossonhos.blogspot.com/2022/05/letras-galegas-2022.html

 

 

 

PUBLICACIÓN LISTADO DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022-23.

Enviado por ninesrey o Dom, 15/05/2022 - 19:47

( categories: )

ADAPTACIÓN DA CONCRECIÓN CURRICULAR

Enviado por ninesrey o Mar, 03/05/2022 - 20:45

( categories: )
Distribuir contido