23 DE ABRIL DE 2023 DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Enviado por Anónimo o Dom, 23/04/2023 - 18:05

          Achégase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades  edítase o cartel para conmemorar este día 23 de abril de 2023.

         Como xa sabedes mañá despois do recreo no CEIP Plurilingüe Seis do Nadal faremos o noso tradicional “Apadriñamento lector”. Os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria sairán ao patio para compartir lecturas cheas de historias, aventuras , emocións e  leerán aos seus afillados e afilladas unhas lecturas escollidas por eles para celebrar este día.

         Entrade no Blog Da Biblioteca para navegar pola marea de libros nos que as redes prenden día tras día porque todos os días, como xa sabedes,  son o día do libro....

http://atlasdossonhos.blogspot.com/

         Este ano no Salón Internacional do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra (Pazo da Cultura)  haberá máis de 300 actividades coas que demostrar que ler é divertido e o xogo, como forma de representar o mundo ese Futuro que queremos …. Animádevos coas vosas crianzas!!!

http://atlasdossonhos.blogspot.com/2023/04/salon-do-libro-2023.html