O MEDALLISTA PARALÍMPICO DE BALONCESTO AGUSTÍN ALEJOS VISITA O NOSO COLEXIO

Enviado por Anónimo o Xov, 13/10/2016 - 10:02

 

O medallista paralímpico de baloncesto(prata), fixo unha visita o noso colexio e compartiu a súa experiencia con todos os alumnos do Seis do Nadal.(6-10-2016).
Agustín estivo entrenando no pavillón do Seis antes de participar nos Xogos Paralímpicos de Brasil, e catro anos antes exerceu de entrenador neste mesmo centro de ensino.
A directora lle propuxera  que regresara ao colexio  despois dos xogos para compartir a súa experiencia. Agustín respondeu  con moito gusto a súa chamada e tamén trouxo a súa medalla de prata.
O recibimento dos alumnos foi cálido e entusisata cun enorme mural de benvida e o saudaron cun facho olímpico feito polos nenos.
Agustín escoitou uns aplausos entusiastas e contestou as preguntas que lle fixo o alumnado, explicou o segredo para conseguir unha medalla é o esforzó e moito sacrificio. Mostrou ao entregado auditorio a medalla de prata. Agradeceu ao colexio que lle permitiran usar as instalacións e sinalou a sorpresa do recibimento caluroso dos nenos e nenas.Tamén destacou o noso colexio por traballar a favor da integración das persoas con diferentes capacidades e na promoción do deporte.
Podemos leer a crónica sobre este evento no xornal La voz de Galicia
 
No Telexornal Serán de Galicia RTVG
(MINUTO 49)

 

 

 

( categories: )