POR FIN TEMOS UN BAMBÁN ADAPTADO

Enviado por Anónimo o Xov, 06/10/2016 - 10:06

 

Despois de dous anos de loita, conseguimos que o noso alumnado con diversidade funcional motórica teña algo axeitado para poder disfrutar no patio.
Temos que agradecerlle ao Concello a súa adquisición, xa que co noso presuposto non o poderíamos mercar.
Está colocado no medio dos diferentes xogos do patio.
O sorriso que teñen os nenos disfrutando do bambán, ben pagou a pena do tempo de espera.
O 27 de Setembro en Galicia Noticias do Mediodía podemos ver esta información.(Atopase o final do informativo minuto 38:28 )
 
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/galicia-noticias-mediodia-2371977

 

 

 

( categories: )