Iniciar sesión |
ACTIVIDADES 2º PRIMARIA DO 27 AO 30 DE ABRILBos días!!!! Outra semana máis aquí, primeiramente gustaríanos darvos as grazas a todas as familias polo traballo que estades a realizar e a implicación e enerxía que poñedes nas actividades que mandamos, mesmo nas voluntarias!!! A verdade é que nolo poñedes moi fácil e agradecemos moito o voso esforzo.
Esta semana imos comezar un tema novo de ciencias naturais que se titula “A auga”. Para dar este tema, imos mandarvos unhas fotos coas explicacións , uns vídeos titoriais para algunhas actividades e ligazóns a vídeos de youtube para poder realizar experimentos.
A partir de agora imos deixar un día á semana para que poidades facer os exercicios dos especialistas, concretamente os venres, pero como esta semana o venres é 1 de maio e non é día lectivo deixarémosvos o traballo dos especialistas para o xoves.
Gustaríanos lembrarvos que as actividades de ampliación son voluntarias e que se nalgún momento vos sentides angustiados pola cantidade de traballo que mandamos ou tedes algunha dúbida, podédesvos poñer en contacto connosco sen ningún problema. Deixámosvos a programación para esta semana: Matemáticas: ao largo desta semana rematar o cuaderniño, os que xa o fixeran que repasen táboas, operacións e problemas na libreta LUNS 27 Ciencias: Na libreta de ciencias, empezando nunha páxina en branco debuxar a portada según os pasos do video
Copiar o índice, e copiar o punto 1 (a auga). Premede na palabra para acceder a imaxe. MARTES 28 Libro de lengua: azul oscuro: Taller de juegos, ficha 10 Ciencias: Copiar o punto 2 (Propiedades da auga)
MÉRCORES 29 Ciencias: Copiar o punto 3 (Estados da auga), debuxar estados da auga e poñerlles o nome.(Por exemplo: un cubito de xeo, un vaso con auga, unha tetera con vapor). Libro de lengua (azul oscuro)
Libro de lengua:Taller de juegos, ficha 11 XOVES 30 Traballo dos especialistas, na marxe esquerda podedes ver os contidos dos especialistas (Departamento de orientación, música, educación física, inglés e relixión). Dentro de cada un deses apartados podedes atopar as actividades que se expoñen para segundo, así como a preferencia de cada especialista para poder enviarlles as actividades. Se tedes dificultades para atopar as actividades poñédevos en contacto connosco e axudarémosvos. Correos profes especialistas: Música:musicacaselles@gmail.com Educación física: efcaselles@gmail.com ACTIVIDADES DE AMPLIACIÓN -Ditado de lingua: A miña amiga Águeda regaloume unha gorra e uns guantes polo meu aniversario. O guía que nos acompañou chámase Gonzalo. Hoxe pola mañá fun á peixaría. -Dictado de lengua: En el mercado de Tomiño venden berenjenas, calabacines y calabazas. En la biblioteca hay libros que no se prestan, solo son de consulta. Los árboles florecen en primavera. -Ditado de número: uns 10 números comprendidos entre o 0 e o 999. |