ACTIVIDADES 2º PRIMARIA DO 20 AO 24 DE ABRIL

DÍA DO LIBRO

O xoves é o día do libro, así que esta semana faremos algunhas actividades especiais!!!

 

LUNS 20

-Libro de lengua, verde oscuro tarea 19(pax. 45 a 49) -Cuaderniño de mate 1 páxina

MARTES 21

-Escribide unha historia onde contedes coas vosas palabras que é o que está a pasar, inventarvos un final contando cando creedes que poderemos volver saír e como será. Podedes facer un conto, un cómic, unha historieta con debuxos….. O que queirades !!!

-Non hai libro sen portada, así que vos toca debuxar unha portada para esa historia e inventarvos un título.

-Este traballo podedes facelo na libreta ou en folio, como mellor queirades. Se podedes sacade foto e mandade

MÉRCORES 22

-Cuaderniño de mate 1 páxina

- Imos facer un marcapáxinas, deixámosvos algunhas ligazóns para que vexades exemplos, estes marcapáxinas, xa os fixemos en clase, vós podedes elixir o modelo que máis vos guste ou inventarvos algún.  

XOVES 23

-Detectives: Investiga porqué o 23 de abril é o día do libro. Escribe na libreta con letras rotuladas: “23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO” Logo con axuda da túa familia busca en internet porque hoxe celebramos o día do libro, e despois escribe con boa letra: O 23 de abril é o día do libro porque…e completa a frase

-Cóntanos cal é o teu libro favorito, se te atreves podes facer un libro despregable!! Deixámosvos ideas, lembra que podes ser todo o creativo que queiras!!!

VENRES 24

- Libro de lengua: azul oscuro: Taller de juegos, fichas 6 ,7, 8 e 9( No exercicio 2 da páxina 7, simplemente que invente cada un o seu propio cadro)

- Cuaderniño de mate 1 páxina