FESTIVAL DE DECEMBRO

O pasado 22 de decembro realizamos un pequeno festival para despedir o trimestre. Actuou parte de alumnado do centro con representacións e bailes e, finalmente, recibimos unha visita sorpresa. Podedes ver parte deste festival no seguinte video.
 
 

PREMIO NO CONCURSO DE INTERCULTURALIDADE

Dúas compañeiras do Centro, Seila Jiménez e Antía Torres, alumnas de 5º C obtiveron o Terceiro Premio no Concurso de Interculturalidade convocado polo Concello de Pontevedra. Noraboa polo traballo realizado.
 

O BELÉN

Durante o mes de Decembro, o alumnado do Centro que cursa as materias de relixión católica e relixión evanxélica estivo preparando un Belén realizando as figuras, que son dunha grande calidade artística, con plastilina. Aquí queda unha mostra do mesmo.
 

MAGOSTO 2010

O pasado venres, 12 de novembro, celebramos o magosto cunha serie de xogos que o equipo de actividades deportivas nos preparou baixo a coordinación dos profes Marcos e Víctor, e que debido á chuvia tivemos que realizar no Salón de Actos. Despois dos xogos, comemos as castañas. Foi un "bo" día de clase.
 
 

GOTA A GOTA

O xoves, 11 de novembro, o alumnado de 5º participou nunha actividade de coñecemento e aproveitamento do ciclo da auga na planta potabilizadora do Concello de Pontevedra, en Lérez, dentro dun proxecto educativo e de sensibilización ambiental para facer un uso máis sostible da auga, promovido pola empresa Aquagest. 
 
 
 

SAMAÍN 2010

Maio 2010

Día da Paz

O 29 de xaneiro celebramos no Colexio o Día da Paz e a non violencia, cun pequeno acto no que os compañeiros e compañeiras de 5º e 6º leron un manifesto e prepararon unha presentación cun percorrido polos pensamentos e as ideas do pacifista Gandhi, morto o 30 de xaneiro de 1948.

Tamén fixemos entrega á Cruz Vermella da nosa pequena aportación para contribuir a paliar os efectos do terremoto de Haiti.

Encontro de Escolas Asociadas UNESCO

Do 14 ao 16 de xaneiro participamos no 3º Encontro Galego de Escolas Asociadas UNESCO, que se celebrou en Pontevedra.

Distribuir contido