LISTAXES DE MATERIAL ESCOLAR

*As familias de 1º e 2º, se o desexan, poderán traer as bosas de material, pechada e co nome por fóra, o luns, martes ou mércores previos ao inicio do curso. Quen non o traia eses días o traerá o xoves, primeiro día de clase.

INFORMACIÓN SERVIZO DE COMEDOR DA FANPA (EMPRESA ARUME) CURSO 21_22

Dende a empresa que se encarga do comedor escolar (ARUME) dependente da FANPA, envían a información relativa ao uso do servizo de comedor escolar.

 

RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTO E VALES DE MATERIAL DO ALUMNADO DE 3º E 4º DE PRIMARIA

Aquelas familias que teñan concedido o vale de material e/ou os libros de texto para 3º ou 4º de primaria, poderán pasar polo colexio a recollelos os días 2 e 3 de setembro. Deberá vir un adulto para asinar a recollida. No caso de non poder vir o/a titor/a do escolar, poderá mandar a outra persoa con autorización onde conste o nome e o DNI.

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022

DÍA 9 DE XULLO: publicación de listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as.

DÍA 14 DE XULLO: publicación de listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as.

Poden consultar as listaxes na WEB  da XUNTA : EDUCACION>FONDOLIBROS>CIDADÁN, no taboleiro do vestíbulo do centro ou ben chamando aos teléfonos 886159195/886159191.

ENTREGA DE VALES:

DÍA 14 de XULLO, de 10:00h ata 13:45h: ALUMNADO QUE VAI CURSAR 1º.

DÍA 15 de XULLO, de 10:00h ata 13:45h: ALUMNADO QUE VAI CURSAR 2º.

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021-2022

Aquí poden ver a listaxe dos libros de texto que se van a usar durante o curso 2021/22. A listaxe do material será publicada nos primeiros días do mes de setembro.

Prazo de reclamación de notas

Unha vez recibidas as notas, ábrese un prazo de dous días lectivos ou, se é o caso, hábiles desde o día seguinte á comunicación das mesmas.

MATRÍCULA PARA O CURSO 2021-2022

O prazo de matrícula para o vindeiro curso 2020 - 2021 será do 20 ao 30 de xuño.(Só para o alumnado novo no centro)

DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE APORTAR:

. IMPRESO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA (poden descargalo clicando no arquivo adxunto: AnexoIII)

. Impreso de autorización do uso da imaxe (poden descargalo clicando no artigo adxunto: Autorización do uso da imaxe)

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022

Ata o 22 de xuño está aberto o prazo para solicitar axudas para adquirir libros de texto (1º e 2º de Primaria), material escolar (todos os cursos) e préstamo de libros (3º e 4º) para o curso 2021 - 2022.

A información sobre este procedemento está  na páxina: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/34002

ADMISIÓN DE ALUMNADO. CURSO 2021-2022 (NOVOS PRAZOS)

ESTABLÉCESE O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO  NESTE CENTRO PARA O CURSO 2021 - 2022

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Este ano, debido a situación derivada da COVID-19, non haberá xornada de portas abertas. Se algunha familia está interesada en coñecer o centro deberá pedir cita.

A Dirección.

Distribuir contido