INFORMACIÓN INICIO DE CURSO 2020_21

  • Estamos a elaborar os diferentes protocolos para o comezo de curso. Nos primeiros días de setembro colgarémolos na web e enviaremos un Abalar Móbil para comunicar que poden consultalos.
  • A Consellería de Educación, debido ao número de alumnado (máis de 25 por aula) concedeunos unha unidade a maiores para 3º de primaria, polo tanto os grupos de alumnado variarán.
  • A principios de setembro o profesorado porase en contacto coas familias para informar de quen é o titor/a do seu fillo/a e o grupo no que vai a estar, así como as reunións de titoría a realizar.
  • Tamén enviaremos un Abalar informando das horas e lugares polos que entrará e sairá o alumnado.
  • O alumnado de segundo en adiante debe entrar só no recinto escolar, sen acompañamento de familiares.
  • Sen embargo, para as recollidas de 1º e 2º poderá acceder ao patio 1 soa persoa por escolar, gardando a distancia social.
  • Lembren que as familias non poderán acceder ao centro durante a 1ª e última hora, para acceder en calquera outro momento deberá facerse con cita previa,  nos teléfonos 886159191 / 886159192 / 886159195
  • É obrigatorio o uso de máscara en toda a Primaria.
  • É moi importante ter descargada a aplicación Abalar Móbil, pois será a canle principal de comunicacións.