Un, dous, un, dous e tres!, a ritmo de marcha celebramos o noso Samaín olímpico cunhas horripilantes cabazas en plena forma achegadas polas familias, que outro ano máis amosaron o seu bo facer.
Chegou o día de Samaín! Día máxico de conxuros e meigas, cabazas e lendas. Nas clases de 5º quixemos festexalo con estos videos que esperemos vos fagan tremer do susto!!!
O mércores 31 de outubro celebramos o Samaín cunha agradable visita á nosa antiga Escola Infantil. Alí atopámonos cunha morea de bruxas, esqueletos e outros personaxes terroríficos que nos puxeron os pelos de punta.
Moitas Grazas a todos eles, pasamos unha xornada terroríficamente divertida!!!!!!!!!!
Ai, que escuridade! Entramos no colexio en penumbra rodeados de cabazas ameazantes, música de terror e xente con roupas moi estrañas que metían medo!
Sama, Sama, Samaín! Empeza o día máis terrorífico do ano. O colexio foi invadido por aterradoras cabazas que nos seguían coa mirada. Tamén asistimos a unha sesión na entrada do cole onde unha contacontos narraba historias baseadas en lendas e mitos galegos. Mamasiña, que medo!!!
O mundo das sombras anegou a entrada e desconcertantes cabazas axexaban a quen osaba entrar no vestíbulo, presidido por un par de pantasmas nada amigables.
O colexio converteuse en escenario de historias de medo narradas e dramatizadas por alumnado do centro que, entre cabazas decoradas e libros de medo, poñía a proba a valentía dun público ben atento polo que puidese acontecer! Seica din que as pantasmas non existen, pero por se acaso...
A biblioteca sacou á luz a súa cara máis terrorífica e os corredores e a entrada do centro enchéronse de seres aterradores que agardaban en calquera esquina en forma de pantasmas ou cabazas horripilantes. Botádelle unha ollada á exposición de cabazas que as familias do colexio decoraron amosando, unha vez máis, a súa creatividade.
Presentamos nestas imaxes o éxito da II Exposición de cabazas e a I Exposición de espigas de millo para celebrar o Samaín. Un ano máis pasamos momentos de medo porque foron moitos os nenos e nenas que viñeron disfrazados para METER MEDO.
Seguindo coa nosa tradición volvimos a invitar ao noso alumnado a achegarnos as súas historias de medo. Grazas a todos os que participaron nesta actividade, foi moi difícil escoller unha gañadora por clase, porque todas era de MOITO TERROR. Aquí tedes eses relatos para que compartades tamén os nosos medos!
E non esquezades pasarvos polo blog da biblioteca para mergullarvos na arrepiante decoración destes días de historias e medo!
Preme na imaxe para ver as fotos desta celebración
Ainara, de 5º B, comparte connosco este Glogster onde nos conta algunhas cousiñas sobre esta celebración outonal e nos anima a pasar un bo rato cunha canción de Halloween.