SAMAÍN 2018
Ai, que escuridade! Entramos no colexio en penumbra rodeados de cabazas ameazantes, música de terror e xente con roupas moi estrañas que metían medo! Sama, Sama, Samaín! Empeza o día máis terrorífico do ano. O colexio foi invadido por aterradoras cabazas que nos seguían coa mirada. Tamén asistimos a unha sesión na entrada do cole onde unha contacontos narraba historias baseadas en lendas e mitos galegos. Mamasiña, que medo!!! |