Skip to Content

Reunión familias

REUNIÓN DE INICIO DE CURSO

FAMILIAS DE 3º, 4º, 5º E 6º

O vindeiro martes, 26 de outubro, celebrarase unha reunión coas familias do alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º.

-Lugar: Salón de actos.

-Hora:

  • 16 horas: 3º e 4º.
  • 17 horas: 5º e 6º.

Regulamento comedor

INSTRUCIÓNS E NOVO REGULAMENTO

PARA O FUNCIONAMENTO DO COMEDOR

 

Arquivos adxuntos:

  • Instrucións e regulamento do comedor do CEP Celso Emilio Ferreiro (documento renovado en xuño de 2017).
  • Instrución da Consellería sobre o funcionamento dos comedores escolares para o curso 2017-18.

Fondo solidario de libros

ENTREGA DOS LIBROS

DO FONDO SOLIDARIO

As familias que teñan dereito a libros do fondo solidario deberán pasar a recollelos no colexio nalgún dos seguintes días:

  • Luns, 11 de setembro: á entrada ou á saída (ás 9 ou ás 14 horas).
  • Martes, 12 de setembro: á entrada ou á saída (ás 9 ou ás 14 horas) ou pola tarde, de 18 a 19 horas.

Os libros entregaranse á nai, ao pai, ao titor ou á titora, que deberá asinar un documento de compromiso.

IMPORTANTE: Nas asignaturas nas que en vez dun libro haxa tres (un por cada trimestre), soamente se entregará o libro correspondente ao primeiro. Ao remate de cada trimestre o alumno ou alumna deberá devolver o libro e, cando o entregue, daráselle o seguinte.

*A persoa que recolla os libros levará todos para forralos e etiquetalos e deberá devolver, ao titor ou titora, os do segundo e terceiro trimestre para que queden na aula.

comedor 2017-18

LISTAXE DEFINITIVA COMEDOR

2017-18

Publicada a listaxe definitiva do alumnado que foi admitido no servizo de comedor no vindeiro curso. Ver arquivo adxunto.

Fondo solidario de libros 2017-18

LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO

SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

CURSO 2017-18

Nos arquivos adxuntos figuran a listaxe de solicitudes admitidas co número de libros e as materias asignados e a listaxe de solicitudes excluídas.

Conto colaboratorio 2017

CONTO COLABORATIVO

AS AVENTURAS DOS ANIMAIS DE CELIO GRANXEIRO

Durante este curso elaboramos de xeito colaborativo entre todas as aulas do colexio un conto sobre os animais da granxa ao que titulamos: As aventuras dos animais de Celio granxeiro.

Agardamos que vos guste e que participedes tamén del...

Graduación 2017

GRADUACIÓN E ENTREGA

DE AGASALLOS E MEDALLAS 2017

Remata o curso! Nervios, notas, agradecementos, premios e graduación!

Como antesala da despedida do alumnado de 6º tivemos a nosa habitual entrega de agasallos ao alumnado que axudou na biblioteca e na mediación, ademais da entrega de medallas aos gañadores no torneo de badminton.

 ENTREGA DE AGASALLOS E MEDALLAS

Graduámonos!!! Todos en ringleira cara ao salón de actos da parroquia do Cristo da Victoria para a gran cerimonia coa asistencia dos compañeiros de 3º, 4º e 5º e das familias dos graduandos.

Entrega de diplomas e orlas e actuacións do alumnado de 5º e 6º, vídeo coas fotos do curso de todo o alumnado, presentación de fotos do alumnado de 6º elaborado pola ANPA e vídeo sorpresa realizado polo alumnado de 6º. Unha chea de actuacións que conseguiron entreter e emocionar a un público entregado!

ACTUACIÓNS GRADUACIÓN

GRADUACIÓN 6ºA

GRADUACIÓN 6ºB

OS NOSOS MELLORES DESEXOS PARA ESTA NOVA ETAPA QUE IDES INICIAR EN SETEMBRO!!!

ATA SEMPRE!

Ver fotos na galería fotográfica

Exposición instrumentos musicais

EXPOSICIÓN INSTRUMENTOS MUSICAIS
Os nenos e nenas do cole, para a asignatura de Música, construíron con material de reciclaxe diferentes instrumentos musicais por niveis. Para a súa construción, contaron coa inestimable colaboración dos titores e dos profes de Plástica. Moitísimas grazas pola vosa axuda!!.
 

Os instrumentos construidos foron:

- En primeiro nivel: maracas.
- En segundo nivel: tambores.
- En terceiro nivel: globos sonoros.
- En cuarto nivel: raquetas sonotas.
- En quinto nivel: flautas de Pan.
- En sexto nivel: arpas.

Aproveitamos para dicirvos que estes instrumentos musicais están expostos na entrada do colexio ata fin de curso.

Ver fotos na galería fotográfica

Día do libro e lectura

AS ÁRBORES DE 3º E 4º NIVEL

No terceiro trimestre, o alumnado de 3º e 4º nivel plantou e coidou dúas árbores: unha maceira e un albaricoque no xardín. Estas árbores foron mercadas coa colaboración dos alumnos de terceiro e cuarto nivel. A actividade tiña un dobre obxectivo: fomentar o Día da Árbore e  a lectura, co libro de Kalandraka A árbore do colexio.

Cando medren, todos poderemos ler ao seu carón. Ler e respectar a natureza!!!

 

Ver fotos en galería fotográfica

Os músicos de 4º

TEATRO MUSICAL

OS MÚSICOS DE 4º

O mércores 7 de xuño, fixemos a dramatización da obra teatral de creación propia dos alumnos de 4º A e 4º B. Foi unha versión do libro Os músicos de Bremen. Contamos coa colaboracion de Sergio, pai de Celia, que seleccionou as distintas pezas musicais do noso teatro musical. Foi unha experiencia gratificante dobre: escribir e dramatizar con audicións de música.

Moitas grazas Sergio!!!

 

Ver fotos na galería fotográfica

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut