Ao ritmo da música das Olimpíadas de Londres deron comezo as nosas probas atléticas do Magosto. Acompañounos o alumnado do Cristo, encargados do pistoletazo de saída. E como en toda proba deportiva que se prece, despois da actividade física tocaba recuperar forzas cos chouripáns e as castañas que tan ben nos prepararon as familias no patio. | |