Skip to Content

Nadal

Nadal 2020

FESTIVAL

Remata un trimestre marcado pola incerteza e os protocolos sanitarios.

E superamos outro reto: conseguimos non pechar ningunha aula!

Para celebralo invitámosvos a desfrutar do noso festival virtual.

Bo Nadal con sentidiño!

Postais seleccionadas

Despois de revisar todos os traballos do alumnado, tivemos que escoller unha postal de cada aula. Foi unha tarefa difícil xa que os traballos estaban moi ben;as postais que se utilizarán no calendario escolar son de:

1º Lúa e Leo

2º Naiara e Antonino

3º Martina e Pablo

4º Saúl e Martina

5º Sara e Mara

6º Anxo e Félix

Grazas a todos/as polo voso traballo!

Ademais con estos debuxos do arco da vella que nos entregaron nalgunhas aulas...tamén faremos unha sorpresiña para agasallarvos.

 

Postais Nadal

Como cada ano o alumnado do centro realiza postais de Nadal, que antes expoñíamolas nos taboleiros, e hoxe  en tempos Covid mostrámolas neste video. O equipo de extraescolares escollerá unha de cada clase para confeccionar o calendario do ano 2021.

Moitas grazas a todos/as por participar!

Agasallo de Nadal

 

 

Nadal 2017

FESTIVAL DE NADAL 2017

Rematamos o trimestre coa celebración dun Festival no que toda a comunidade educativa deleitou ao público coas súas actuacións.

Cancións, bailes, teatro, linguaxe de signos e algunha que outra sorpresa agardaba a un público entregado...

E non faltou a visita duns personaxes moi reais.

 O noso alumnado deseñou as tradicionais postais de Nadal coas que decoraron os corredores do colexio.

Ver fotos

Nadal 2016

FESTIVAL NADAL 2016

Remata o trimestre e hai que celebralo por todo o alto con artistas de primeira!

O escenario encheuse de brillo, música, baile, chistes e teatro  coas actuacións dos nenos e nenas ante un público totalmente entregado.

 

Ver fotos do Festival

 

Ao rematar o festival tivemos unha moi grata sorpresa xa que as súas maxestades, Os Reis Magos de Oriente, fixeron unha parada no noso cole para lembrarnos que hai que portarse ben para evitar algún que outro disgusto co carbón!

 

Ver fotos da visita dos Reis Magos

 

Ver fotos das postais de Nadal

FESTIVAL NADAL 2015

FESTIVAL NADAL 2015

Que comeza o festival! Nervios de última hora, maquillaxe, vestiario, decorados, luces e... acción!!!
Música, baile, teatro tradicional, teatro de sombras e panxoliñas. Tradición e modernidade xuntas nun espectáculo protagonizado por uns artistas de excepción!

 

 E tamén recibimos a visita duns invitados moi especiais: os Reis Magos, que non se esqueceron de pasar polo cole para ver a nosa decoración navideña, deixándonos algúns agasallos polas aulas e lembrándonos aquilo de que hai que portarse ben todo o ano, non vaia ser que atopemos carbón un día destes...

 

Ver todas as fotos

Festival Nadal 2014

FESTIVAL NADAL 2014

 

O colexio encheuse do espíritu navideño a través da decoración presente en cada rincón e o alumnado subía e baixaba con ensaios e preparativos. O gran día chegaba por fin: Festival de Nadal!

Coma sempre os nervios deixaron paso ás actuacións e o teatro, a música, os bailes, as tradicións a través do mundo e as ganas de pasalo ben convertéronse nos reis do centro. Co permiso dos Reis Magos que unha vez máis tiveron o detalle de pasarse polas aulas para saudarnos e avisarnos da importancia de portarnos ben para evitar sorpresas o día 6 de xaneiro! O noso agradecemento aos Reis pola súa visita.

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut