Skip to Content

Samaín

Samaín 2023

Un, dous, un, dous e tres!, a ritmo de marcha celebramos o noso Samaín olímpico cunhas horripilantes cabazas en plena forma achegadas polas familias, que outro ano máis amosaron o seu bo facer.

Festa de Samaín

O Samain de 5º

Chegou o día de Samaín! Día máxico de conxuros e meigas, cabazas e lendas. Nas clases de 5º quixemos festexalo con estos videos que esperemos vos fagan tremer do susto!!!

Felíz Samaín!

 

Samaín

 SAMAÍN 2019

Canta escuridade! Cabazas por todas partes cunha pinta que mete medo e algún que outro esqueleto.. Chegou o Samaín!

O alumnado transformouse en seres arrepiantes e Sabela Gago veu contarnos un conto.

Non te perdas a nosa tradicional exposición de cabazas! Grazas ás familias pola súa colaboración na ambientación do colexio.

 

Ver fotos Samaín na galería fotográfica

 EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Ver fotos na galería fotográfica

Samaín

SAMAÍN EN 1º

O mércores 31 de outubro celebramos o Samaín cunha agradable visita á nosa antiga Escola Infantil. Alí atopámonos cunha morea de bruxas, esqueletos e outros personaxes terroríficos que nos puxeron os pelos de punta.

Moitas Grazas a todos eles, pasamos unha xornada terroríficamente divertida!!!!!!!!!!

Ver fotos

SAMAÍN

SAMAÍN 2018

Ai, que escuridade! Entramos no colexio en penumbra rodeados de cabazas ameazantes, música de terror e xente con roupas moi estrañas que metían medo!

Sama, Sama, Samaín! Empeza o día máis terrorífico do ano. O colexio foi invadido por aterradoras cabazas que nos seguían coa mirada. Tamén asistimos a unha sesión na entrada do cole onde unha contacontos narraba historias baseadas en lendas e mitos galegos. Mamasiña, que medo!!!

Ver fotos exposición cabazas

 Ver fotos Samaín

Samaín 2016

SAMAÍN 2016

Mamasiña, que medo!!!

O mundo das sombras anegou a entrada e desconcertantes cabazas axexaban a quen osaba entrar no vestíbulo, presidido por un par de pantasmas nada amigables.

O colexio converteuse en escenario de historias de medo narradas e dramatizadas por alumnado do centro que, entre cabazas decoradas e libros de medo, poñía a proba a valentía dun público ben atento polo que puidese acontecer!
Seica din que as pantasmas non existen, pero por se acaso...

VER FOTOS

Samaín 2014

SAMAÍN 2014

E chegou o momento do medo!!!!

A biblioteca sacou á luz a súa cara máis terrorífica e os corredores e a entrada do centro enchéronse de seres aterradores que agardaban en calquera esquina en forma de pantasmas ou cabazas horripilantes. Botádelle unha ollada á exposición de cabazas que as familias do colexio decoraron amosando, unha vez máis, a súa creatividade.

Samaín 2013

SAMAÍN 2013

Presentamos nestas imaxes o éxito da II Exposición de cabazas e a I Exposición de espigas de millo para celebrar o Samaín. Un ano máis pasamos momentos de medo porque foron moitos os nenos e nenas que viñeron disfrazados para METER MEDO.

 

Seguindo coa nosa tradición volvimos a invitar ao noso alumnado a achegarnos as súas historias de medo. Grazas a todos os que participaron nesta actividade, foi moi difícil escoller unha gañadora por clase, porque todas era de MOITO TERROR. Aquí tedes eses relatos para que compartades tamén os nosos medos!

 

 

E non esquezades pasarvos polo blog da biblioteca para mergullarvos na arrepiante decoración destes días de historias e medo!

 

 Preme na imaxe para ver as fotos desta celebración

Samaín

SAMAÍN, SAMAÍN!!

 

 Que sabes do Samaín?

Ainara, de 5º B, comparte connosco este Glogster onde nos conta algunhas cousiñas sobre esta celebración outonal e nos anima a pasar un bo rato cunha canción de Halloween.

 

Que pasedes un escalofriante Samaín!

Enjoy your scary Halloween!

 

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut