Quinto

Sexto

CIBERSEGURIDADE

O pasado xoves 20 de outubro, o alumnado do 3º ciclo partcipou no concurso de Ciberseguridade.

Participamos con dous grupos, un de 5º nivel e outtro de 6º nivel. Para ser máis eficaces seleccionáronse uns voceiros para cada grupo. O equipo de 5º nivel estaba representado por Sara e Álex e o de 6º por Valeria, Iria e Aixa I.

O equipo de 5º quedou ás portas de ser finalista. De 75 participantes, quedaron en 4º lugar. Parabéns aos dous equipos polo seu magnífico traballo. Tamén queremos agradecer ao mestre Pablo a súa colaboración.

A pesares de non quedar dentro dos finalistas, imos estudar a posibilidade de poder participar nas actividades que están programadas na Cidade da Cultura en Compostela os días 9 e 10 de novembro.