Blogue Primeiro Ciclo

Por primeirociclo
23/04/24

 

Unha promesa, unha aventura, un regalo... Hai poucos obxectos que sexan tantas cousas coma un libro. Os libros están cheos de coñecemento, ledicia, solidariedade, beleza, imaxinación, creatividade, liberdade, vida... Os libros son luz e o alumnado de 6º quixo levar esa luz máxica a todos os nenos e nenas do centro contando o conto "LEOTOLDA" da escritora Olaga de Dios, con marionetas e luz ultravioleta. Resultou todo un espectáculo!! Parabéns nenos e nenas de 6º!!!.

PULSADE AQUI PARA VER FOTOS.

 

 

 

  

 

Etiquetas:
Por primeirociclo
16/04/24

Todos os anos arredor do día do libro  visitan o cole un autor e unha autora galega . Desta volta os elexidos son RAMÓN D. VEIGA E PAULA CARBALLEIRA. Esperámolos con moita ilusión.

 

   

     

 

Etiquetas:
Por primeirociclo
16/04/24

 Coa chegada do bo tempo quitamos os libros para ler á sombra das árbores do centro. Son os colaboradores da biblioteca os encargados da elección dos libros así como de sacar a caixa e a cesta coas mantiñas e coxíns.

Clicade na imaxe para acceder á galería de fotos desta actividade

 

Etiquetas:
Por primeirociclo
02/04/24

O pasado día  21 de marzo foi o Día mundial da poesía. Dende a biblioteca propúxose que ese día o alumnado  elixira un poema e subira a emisora a recitalo. O alumnado colaborador da biblioteca foi o encargado de  montar o recanto con libros de poesía e asesorar aos máis pequenos na escolla dos poemas. O alumnado de 1 nivel emitiu un programa de radio especial “Día da poesía”.

 

Etiquetas:
Por primeirociclo
02/04/24

Durante o mes de marzo co motivo da celebración do  Día da muller repartíronse nas aulas as MOCHILAS VIOLETAS. Cada curso tivo na súa aula unha mochila violeta formada por diferentes libros relacionados coa temática e un xogo de "Adiviña quen é quen..." para traballar na aula.

 

Etiquetas: