Quinto

Sexto

Blogue Terceiro Ciclo

Por admin
03/04/23

Unha das actividades que caracterizan ao noso centro é a exposición de obxectos, preferentemente antigos,  que estean relacionados co tema do proxecto anual. Durante este curso escolar, o tema escollido ten que ver coa meteoroloxía e chamámoslle "METEOALXÉN". Somos conscientes de que non era un tema doado pero, unha vez máis, as familias do noso alumnado pensaron moitísimo e, pensando, pensando, atoparon unha morea de obxectos para expoñer. Ao final quedounos unha exposición ben chula.

MOITAS GRAZAS A TODOS!!

Etiquetas:
Por admin
03/04/23

Seguindo a tradición, despois do concurso Coco -  Alxén, pasamos á Xornada de Xogos Tradicionais. Este anos, despois de varios de restriccións, puidemos volver a mesturarnos e facer grupos onde había nenos de todos os niveis. Que alegría ir podendo volver á normalidade!! 

Unha vez rematados os xogos, Karen e Estela asaron as castañas para o que pediron axuda a nosa Carmiña, que sempre se presta a axudarnos e, para rematar a xornada, saltamos a fogueira. Había dúas, unha máis grande para os maiores e outra máis pequeniña para os máis cativos da escola.

QUE NON SE PERDAN AS TRADICIÓNS!

(Na galería de fotos hai unha pequena escolma de fotografías dese día,  pasádevos por ela)

 

Etiquetas:
Por admin
03/04/23

O venres 11 de novembro celebramos na escola o noso xa tradicional concurso de cabazas chamado Coco -Alxén. Foron moitas as presentadas ao concurso, tantas, que o noso xurado tivo moi difícil a elección de gañadoras. 

Iso si, o premio especial levárono aquelas relacionadas co proxecto do cole, este ano "METEOALXÉN", no era un tema doado pero ainda así o noso alumnado deulle aos miolos e sairon cousas preciosísimas. Botádelle un ollo á nosa galería de fotos.

Etiquetas:
Por admin
01/04/23

Durante a semana do 17 ao 21 de outubro o alumnado de 6º fixo de detective verde. Limpou os patios da escola e avisou de papeleiras que estaban cheas para baleiralas.

 

Etiquetas:
Por admin
01/04/23

Pero que ben o pasamos!

O obradoiro de papiroflexia de 5º e 6º foi todo un éxito!

Soles, coruxas, paraugas e moitos máis2.

Mirade que bonitos.

 

Etiquetas: