Skip to Content

Sementar Sementarei

O alumnado de 3º de educación primaria continúa co coidado da nosa hortiña. Coa chegada da primavera plantamos novas sementes, encántanos!

 

 

A sachar todo o mundo!

 Este curso escolar iniciamos un proxecto interxeracional en colaboración coa Cruz Vermella. Un grupo de "labregas e labregos" que nos guía no coidado da nosa hortiña. O alumnado de 2º de educación primaria é o encargado de realizar esta actividade con eles e despois, guiarnos ao resto dos cursos sobre as nosas tarefas diarias de coidado e mantemento da nosa hortiña. Sen dúbida, unha das actividades mais significativas deste curso pola súa continuidade e unión, permitindo divertidas actividades interniveis. 

 

Grazas "labregas e labregos". A sachar todo o mundo!

 

HIstorias de María Pita

 

O alumnado de 5º de educación infantil participou na ruta "Historias de María Pita" con actividades interactivas que lles permitiron coñecer en profundidade este espazo tan singular da nosa cidade.

 

A abordaxe! Bonilla á vista!

O alumnado de 2º de educación primaria desfrutou dunha divertida abordaxe á Bonilla. 

 

 

 

Visita ao Porto da Coruña

Leyenda Armonía

Encantounos o concerto "Leyenda Armonía" da Orquestra Sinfónica de Galicia.

 

Proceso de admisión 2024/2025

 

Obradoiro "Toca Toca"

Sempre manifestamos o noso medo aos insectos, pero tras este obradoiro podemos afirmar que fomos capaces de vencer os nosos medos! Mirade, mirade...

 

8 de marzo - Día Internacional da Muller

Incrible experiencia lúdica e de investigación grazas a este Escape RooM no que descubrimos mais información sobre as principais aportacións á nosa Comunidade de mulleres tan icónicas e representativas como: Rosalía de Castro, Maruxa Mallo, Concepción Arenal, María Pita e Isabel Zendal.

Grazas a ANPA Berbiriana por facelo posible.

 

Para o alumnado de educación infantil, dende a Biblioteca Municipal de Monte Alto prepararon este fermoso contacontos.

 

8M - Alumnado de 1º E.P.

A miña nai, irmá, avoa, madriña, tia, amiga ... a muller mais importante da miña vida - 4º E.I.

Distribuir contido


by Dr. Radut