Skip to Content

PAZ

Esta semana estamos realizando distintas actividades relacionadas coa PAZ. Entre elas fixemos murais, bailes, lecturas interniveis, visionamos curtametraxes e lemos un manifesto. Se queredes acceder ao texto do mesmo, podedes facelo clicando en manifesto.

Facendo clic na seguinte foto podedes ver un vídeo da actuación polo Día da Paz.

PARLAMENTO E XUNTA DE GALICIA

O luns o alumnado de sexto curso realizou unha saída a Santiago de Compostela. Alí visitaron as nosas institucións: o Parlamento e a Xunta de Galicia.

 

RETOS NA MOCHILA VIAXEIRA

Estimadas familias,

Este ano a biblioteca de Don Mexillón está a tope de enerxía e queremos incluir na mochila viaxeira unha idea máis para fomentar a actividade física e a motricidade na casa, tanto para ter entretidos aos nenos/as uns minutos como para compartir tempo en familia.

Deixámosvos o enlace dun mestre de Educación Física que propón diferentes retos sinxelos, que podedes adaptar segundo as vosas habilidades. Unhas risas estan aseguradas!

 

https://www.youtube.com/@david_vera_ef/videos

RETOS NA BIBLIOTECA DE DON MEXILLÓN

Dende a biblioteca escolar propoñen un novo reto (como cada mes). Neste caso trata sobre mulleres olímpicas e o alumnado pode realizar esta actividade de xeito voluntario para conseguir un selo no seu carné de puntos.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

Dende a Biblioteca de Don Mexillón facémosvos chegar unhas recomendacións lectoras organizadas por ciclos. Aínda estades a tempo de incluír algún libro na vosa carta! Facede clic na imaxe.

CERIMONIA DE APERTURA DOS XOGOS OLÍMPICOS

Este ano o festival de Nadal foi un chisco diferentes, xa que se convertiu nunha Cerimonia de Apertura dos Xogos Olímpicos, onde os continentes representados nos aros estiveron presentes grazas a cada un dos ciclos. O alumnado bailou, tocou instrumentos e gozou dunha xornada festiva. Con esta pequena mostra e o video en adxunto, gustaríanos desexarvos unhas FELICES FESTAS!

I CARREIRA SOLIDARIA XULIO CAMBA

Celebramos a I Carreira Solidaria Xulio Camba de Nadal a favor do Banco de Alimentos de Vilanova de Arousa. Foi todo un éxito! Agradecémosvos a colaboración e esperamos vervos para o ano alí de novo. Temos un colexio cheo de campións e campioas!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut