Skip to Content

OBRADOIRO OLIMPÍADAS

Seguindo cos obradoiros en Educación Infantil, esta vez amosamos o obradoiro sobre os Xogos Olímpicos. Os máis pequenos, coñeceron as medallas, o podio e fixeron dorsais. Tamén practicaron carreiras, saltos e lanzamentos de xavelina. Uns campións e campioas!

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Dende a Biblioteca de Don Mexillón estanse a levar a cabo os apadriñamentos lectores e soamente podemos dicir que están sendo un éxito total! Neste caso foi o alumnado de quinto curso o que acudiu ao cole norte para lerlle aos máis cativos.

OBRADOIROS

Ao longo destas semanas, o alumnado estivo realizando diversos obradoiros artesanais. Por un lado, elaboraron xabóns con mel, aceite de oliva e aloe vera. Polo outro, estiveron experimentando facendo iogur natural. Saíulles moi bo!

CANOA

Onte tivemos o pracer de recibir no Xulio Camba a un dos Campión do Mundo de Canoa na modalidade de C4500m deste ano: Manuel Fontán, que ademáis é veciño de Vilanova de Arousa. Desexámoslle toda a sorte do mundo e esperamos que consiga clasificarse para os Xogos Olímpicos de París 2024!

RECICLAXE

O alumnado do 3º ciclo tivo unha charla sobre reciclaxe, máis concretamente da Campaña de Mellora da Xestión de Biorresiduos no noso concello. Apuntádevos á compostaxe!

25 N

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO.

O alumnado do 3º ciclo acudiu xunto co alumnado do IES Faro das Lúas e do IES A Basella ao acto celebrado no concello co motivo do 25N. Nin unha máis! nin unha menos!

PLURIKIDS

Nas seccións bilingües de Educación Infantil o alumnado gozou do outono e das súas cores, xogando con follas ao son da música, que moito lles gusta!

 

COLABORADORES DA BIBLIOTECA

Hoxe queríamos presentarvos aos colaboradores/as da Biblioteca de Don Mexillón. O equipo está integrado por alumnado de quinto e sexto curso. Sen eles todo sería diferente!

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Xa comezaron a funcionar os apadriñamentos lectores impulsados dende a Biblioteca de Don Mexillón. O alumnado do terceiro ciclo acudirá ao colexio norte para leerlle aos máis pequenos. Toda unha experiencia!!

 

MAGOSTO

O martes 14 de novembro celebramos o Magosto no colexio. A pesar de que o tempo nolo puxo difícil, o alumnado e profesorado puidemos disfrutrar dunha festiva xornada na que nos divertimos a tope cos xogos tradicionais, disfrutamos dos recunchos de pintacaras e degustamos todos xuntos as sabrosísimas castañas asadas. 

Distribuir contido


by Dr. Radut