Skip to Content

VIDRIERAS DE NOTRE DAME

Onte o alumnado de 4º curso de Educación Infantil rematou unha actividade enmarcada dentro do Proxecto do centro no cal pintaron unhas vidrieras simulando as da Catedral de Notre Dame de París.


XOGADE

Continuamos co Xogade e coas xornadas multideporte. Neste caso, o alumnado de 6º curso participou o martes no CEIP Enrique Barreiro Piñeiro de Cambados. Onte foi a quenda do grupo de no noso centro, recibindo ao colexio Conmeniño de O Grove. Podedes ver algunha imaxe da xornada a continuación:

TALLER DE COCIÑA

Hoxe o alumnado de 6º de Educación Infantil realizou un taller de cociña no cal fixeron cruasanes "ao estilo rococó". A continuación podedes ver unha mostra do proceso.

OBRADOIROS INTERNIVEL

Vivemates é o nome doutro dos nosos talleres. Neste, os nenos/as xogan coas regletas, comparan, crean formas, clasifican e traballar en equipo as matemáticas manipulativas.

OBRADOIROS INTERNIVEL

Outro dos obradoiros é o de Música. Neste obradoiro aprendemos danzas de Oceanía.

OBRADOIROS INTERNIVEL

Hoxe presentamos outro taller máis dos que realizamos en Infantil. Nesta ocasión é o taller de contos co libro o "Monstruo de colores", onde despois de leelo cada un fai o seu monstruo según o seu estado de ánimo.


DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar o 23 de febreiro, Día adicado a Rosalía de Castro, realizamos diversas actividades entre as que se atopan a representación e recitado de distintos versos, a decoración de macetas con motivos características da autora e a plantación de pensamentos, entre outras.

XOGADE

Onte o alumnado de 4º de primaria participou nunha xornada deportiva de Balonmán no Colexio Plurilingüe Abrente. Compartimos xogo co CEIP de Castrelo e CEIP As Bizocas. Pasámolo xenial!

VISITA A PADRÓN

Con motivo da celebración próxima do Día de Rosalía de Castro, o alumnado de 6º curso de Educación Primaria realizou unha visita á Casa da Matanza (Casa Museo de Rosalía) e ao Xardín Botánico de Padrón. 

Distribuir contido


by Dr. Radut