Skip to Content

KENPO

Practicamos Kenpo, unha arte marcial de defensa persoal. Moitas grazas ao gran Sensei Mario, por visitarnos e achegarnos os seus coñecementos!

INNOVART

O alumnado de 5º curso realizou unha saída a Innovart, na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela. Puideron realizar varias actividades relacionadas cos idiomas, danza, música... e trouxeron un pequeno agasallo!

ANDAINA

Realizamos unha andaina pola contorna, concretamente pola zona do Terrón. O percorrido foi adaptado segundo a idade do alumnado, co obxectivo de fomentar a actividade física diaria.

 

SEMANA DO LIBRO

Esta semana estamos a celebrar a semana do libro. Esta data foi escollida no ámbito literario para conmemorar o aniversario da morte de Cervantes e Shakespeare.

Esta é unha xornada moi importante para reinvindicar a importancia da lectura e a propiedade intelectual.

Destacamos as seguintes actividades:

DEBUXAMOS UN POEMA. 

O/A mestre recita un poema e o alumnado debe plasmalo nun debuxo.

     

CONTAMOS UN CONTO CON LUZ NEGRA

A auxiliar de conversa contará un conto en inglés usando luz negra.

O profe Víctor contará un conto en español usando tamén luz negra.

                        

 

APADRIÑAMOS AOS MÁIS PEQUES

O alumnado maior do cole apadriñará aos máis pequenos de infantil e primeiro ciclo.

O apadriñamento realizarase no parque das casiñas.

Os padriños regalarán unha mandarina aos seus apadriñados e estes regalarán un marcador.

    

A LECTURA É A MENTE O QUE O EXERCICIO É AO CORPO!

ANIMÁDEVOS A LER!!!

PRIMEROS AUXILIOS

A semana pasada tivemos a visita das sanitarias do centro de saúde de Vilanova de Arousa. O alumnado de 5º curso puido aprender os pasos a seguir na reanimación cardiopulmonar ou que facer no caso de atragantamento. Queremos agradecer unha vez máis a disposición das sanitarias para facer actividades co noso centro.

CAMELIA

Aquí tedes a participación dos máis pequenos do colexio, na Exposición da Camelia deste fin de semana no pavillón de Vilanova.

 

LUZ NEGRA

O alumnado de Arts realizou uns traballos con siluetas que representan os distintos deportes, en liña co proxecto sobre os Xogos Olímpicos, para poder ver con luz negra. Ademais, decatámonos de que non soamente destacaban os debuxos... 

PUNTO LARANXA

O punto laranxa é unha medida impulsada dende a Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e ciberacoso nos centros educativos, grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar, facilitando así o logro dun cambio entre todos e todas.

INFORMÁTICA

O alumnado de 2º estase iniciando na aprendizaxe didáctica e responsable dos equipos informáticos individuais. As ferramentas dixitais constitúen o soporte imprescindible no proceso de aprendizaxe. Polo tanto, é moi importante aprender a manexalas de xeito correcto.

INTERNET

Debido a que traballamos diariamente na rede e o alumnado tamén a utiliza no seu tempo libre, consideramos necesario que se empregue con responsabilidade. É por iso que estes días tivemos unha charla de NAVEGA CON RUMBO (por parte dun enxeñeiro informático) e outra de CIBERSEGURIDADE (por parte da garda civil).

 

Distribuir contido


by Dr. Radut