Skip to Content

                                       

Esta semana escoitamos no noso timbre...

    

Revista escolar

Din os libros vellos que para escoller o nome dun/dunha neno/a que ía nacer, procurábase que dito nome dixera o que mellor representara a circunstancia na que veu.

A nosa revista, de longa tradición de publicación neste centro, despois dun parón naceu no curso escolar 2.003/04 co nome de CAMIÑO. Camiño por que o noso colexio está en camiño; cada quén dos que agora nel estamos, ímos andando o noso camiño. E agora, con esta revista imos percorrer tamén a senda que será a testemuña de cómo camiñamos na nosa preparación para a vida, na nosa educación, formación e cultura.

Non sabemos ata onde chegará o camiño. Para que non se acabe, hai que "camiñalo" cada día, cada etapa, cada realidade, coa ansia de facer camiño, andar o camiño, e chegar a fin do camiño.

 

A continuación podedes visualizar as portadas das revistas publicadas.

AdxuntoTamaño
img018.pdf168.77 KB
img019.pdf122.74 KB
img020.pdf215.88 KB
img025.pdf1.31 MB


page | by Dr. Radut