Normas do Aparcamento

Un ano máis lembrámosvos as normas do aparcamento. 

Nesta imaxe tedes a liña azul (onde pode aparcar o persoal do centro), a liña morada (que é o espazo que hai que despexar para que pasen os 2 buses ordinarios), a liña laranxa (ruta que ten que quedar libre para o bus adaptado) e a liña verde (onde poden aparcar as familias).

Unha vez pasados os buses sabedes que hai espazos onde se pode aparcar sen problema.

 

 

En caso de dúbida o mellor é preguntar e deixarse aconsellar por membros da comunidade educativa que aparquen con máis frecuencia, e sempre seguir as indicacións do persoal do centro, sobre todo se estamos aparcando mal.

Setembro/biblioteca

Informamos de que no mes de setembro a Biblioteca do centro estará PECHADA polas tarde. Abrirá normalmente de 16:30 a 18:30h a partires de outubro ao comezo das actividades extraescolares.

Lembrade que aos usuarios de comedor os poderedes recoller, coma sempre, pola entrada do Arco da Vella (entrada norte).

 

 

 

Reunións Trimestrais

10/09/2018
Europe/Madrid

Benqueridas familias,

As reunións correspondentes a este trimestre son nas datas que seguen:

 

5º de Infantil- 18 de setembro ás 16:30h

6º de Infantil - 18 de setembro ás 16:30h

1º de Primaria - 18 de setembro ás 17:30h

2º de Primaria - 25 de setembro ás 16:30h

3º de Primaria - 25 de setembro ás 17:30h

4º de Primaria - 25 de setembro ás 17:30h

5º de Primaria - 2 de outubro ás 16:30h

6º de Primaria - 2 de outubro ás 16:30h

 

Estas reunións teñen un carácter xeral e están convocados todos os titores de alumnos.

Claustro 2018/19

Adscrición no curso 2018-19

Apelidos e Nome

Adscrición

Titoría e/ou Tarefas Asumidas

Paz Sar, Nerea

EI

Leborán Budiño, Alicia María

EI

Márquez Fernández., Mª Teresa

EI

Iglesias Cajade, Carmen

EI

Apoio e Coordinación de Ciclo

Couselo Castro, Laura

EP

1ºA

Recarey Noya, Alba

EP

1ºB

Pérez Fernánez, Nuria

EP

2º 

Senín Piñeiro, Mª de las Mercedes

EP

Rodríguez García, Mª Carmen

EP

4ºA

Grille Hermida, Mª del Pilar

EP

4ºB + Secretaría

García Garrido, María Luisa

EP

+ Xefatura de Estudos

Illobre González, Mª Laura

EP

6Aº + Coord. ABALAR

Cortés Miranda, Cristina

AL

Horario Completo

Sánchez Crespo, Julio

AL

Horario Completo

Couselo Álvarez, Ana Isabel

PT

Horario Completo

Vázquez Guerra, María Ángeles

PT

Horario Completo

Varela Martínez, Verónica

PT

Horario Completo

García Precedo, Beatriz

EM

Música e Apoio + Dinamización Xeral

Castro Vázquez, Ana María

FI

Lingua Inglesa EI, 1º, 2º e 3º EP + apoios

Fernández Otero, Pablo

FI

Lingua Inglesa 4º, 5º e 6º + Dirección

Rodríguez Sandiás, Rosa

EF

EF Primaria + apoios

Coira Durán, Mª Rita

RC

Compartida

Juiz López, María Dolores

OR

Compartida

Material Escolar 2018/19

Neste apartado iremos colgando o material requirido polo equipo docente para este curso.

Iremos editando até que estean todos os grupos.

 

 

Entrega de Libros para 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria

Benqueridas familias,

 

Aquelas familias que teñan asignados libros de texto do Fondo poderán vir a recollelos os vindeiros XOVES e VENRES en horario de 10 a 12h.

 

En caso de non vir serán dados a partires do comezo de curso o día 12 de setembro.

 

Inicio de curso: Presentación 4º de INFANTIL

06/09/2018 12:00
Europe/Madrid

Estimadas familias,

O vindeiro XOVES 6 de setembro, ás 12h, convocamos ás familias de 4º de Infantil (o alumnado novo de 3 anos) a unha reunión-presentación coa que será a titora do alumnado do grupo, Nerea Paz.

Un saúdo.

 

 

Inicio do curso 2018/19 (Rectificado)

03/09/2018 09:30
Europe/Madrid

O día 3 de setembro (luns) a xornada comeza no centro ás 9:30am e haberá un claustro o MARTES 4 dende as 10:00 coa seguinte Orde do Día:

 

1- Presentación do persoal e contextualización do centro.

2- Adscrición, equipos de traballo e coordinacións.

3- Preguntas e suxestións

 

Se es un dos docentes que traballará no noso centro de xeito provisional durante o curso 2018/19 deberías botar un ollo á nosa páxina para ver horarios e instalacións.

Para calquera consulta, enviade un correo electrónico ao centro.

Contacto co centro

Lembramos que a atención ao público até setembro será por medio do correo electrónico do centro, ou chamando polas mañáns para deixar recado á bedel. En caso de haber algunha consulta moi persoal que se queira tratar no centro, haberá que solicitar cita previa.

 

Os cheques de libros e material non recollidos poderán recollerse a partires do 3 de setembo.

As ligazóns da listaxe de Fondo Libros, dos adxudicatarios de cheque de material e libros, do calendario escolar, dos libros de texto, do alumnado asignado a transporte, das paradas coas coordenadas, etcétera, están neste mesmo portal web.

 

Un saúdo e feliz verán.

Transporte Escolar 18/19

Colgamos listaxe PROVISIONAL de transporte escolar 2018/19.

 

Pregamos informedes se detectades algún erro por medio do correo electrónico ou chamando polas mañáns ao centro.

Grazas.

 

LIGAZÓN

Powered by Drupal - Design by artinet