Charlas

Charlas da Escola de nais e pais (ENAPA)

TOLERANCIA Á FRUSTRACIÓN E APOIO CONDUTUAL NA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

13/05/2024 16:30
Europe/Madrid

O luns 13 de maio, pecharemos con Carmen Márquez, directora técnica da Asociación Autismo Bata, o ciclo de charlas de ENAPA (Escola de Pais e Nais), organizadas desde o Departamento de Orientación do centro, coa colaboración do CAFI e tendo en conta os intereses amosados polas familias, en coordinación coa ANPA.

 Como ben sabedes son gratuítas, pero requiren inscrición previa a través deste formulario. Dado o éxito da intervención de Carmen o curso pasado, esperamos un pleno de asistencia!

Charlas para familias de Vite 2024

 

Charlas-obradoiros de Escola de Nais e Pais (ENAPA) para desenvolver no curso 2023-2024, en coordinación coa ANPA e coa colaboración do CAFI , baixo o título: “APRENDEMOS XUNTOS PARA EDUCAR PARA O FUTURO”

 

 

Atendendo ás demandas actuais, estas son as datas con charlas para familias e persoas interesadas:

4 de marzo, 18 de marzo,10 de abril, 13 de maio

 

 

4marzo 16.30 h


COMUNICACIÓN EFECTIVA E A ESCOITA ACTIVA SOBRE EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL

BELÉN MONTESA LOU

Psicóloga e sexóloga

---

 

18marzo 16.30 h


HABILIDADES SOCIAIS CON NOSOS FILLOS E FILLAS E DISPOSITIVOS CONECTADOS

BELÉN MONTESA LOU

Psicóloga e sexóloga

---

13maio 16.30 h

TOLERANCIA Á FRUSTRACIÓN EAPOIO CONDUTUAL NA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

CARMEN MÁRQUEZ

Directora técnica de autismo BATA

O 10 de abril, teremos unha charla ao marxe do CAFI coa colaboración altruista de Rosa Álvarez Prada, Psicóloga clínica do Plan

Sociocomunitario de Vite.

As intervencións de Belén Montesa (dentro do Contatos Programa) e de Rosa Álvarez, van na liña de actuacións coordinadas paraFACILITAR UNHA EDUCACIÓN SAUDABLE: competencias socioemocionais nun mundo dixital”. Farán obradoiros pola mañá no centro co alumnado de 5º e 6º curso de primaria para tratar os temas de: comunicación e convivencia, uso das novas tecnoloxías, benestar e trato entre iguais, importancia das normas e límites…

Nas reunións grupais a concretar coas familias a orientadora do centro falará, na etapa de infantil do tema de CELOS, RABIETAS E CONFLITOS, e na etapa de primaria do tema da INTERVENCIÓN ANTE O ACOSO E O CIBERACOSO ESCOLAR.

 

CHARLA DE FAMILIAS DO 18 DE MARZO

18/03/2024 00:00
Europe/Madrid

Na charla de ENAPA do 18 de marzo, a cargo da doutora en psicoloxía Miriam Otero Requeijo, aprendemos cousas moi interesantes sobre USO RESPONSABLE DA TECNOLOXÍA, inda que tivo pouca afluencia de familias.

Os días 20 e 21 de marzo o alumnado de 5º e 6º tamén tivo obradoiros sobre educación afectivo sexual e dispositivos conectados, con bo aproveitamento.

A coordinadora de programas en COIDADOSAMENTE, https://coidadosamente.com/, compartiunos uns cortos coa finalidade de dar divulgación á terminoloxía relacionada co mundo da tecnoloxía e as pantallas.

(ver vocabulario e curtas no pdf adxunto: CEIP de VITE - Dispositivos conectados (FAMILIAS - WEB)

CHARLA DE FAMILIAS DO 4 DE MARZO

04/03/2024 00:00
Europe/Madrid

O día 4 de marzo, a psicóloga e sexóloga Belén Montesa veu darnos unha charla para educar en sexualidade en familia. Falounos da importancia de darlles seguridade aos nosos fillos e fillas, facer que se sintan queridos e valorados para non meterse en relacións tóxicas.

Apuntou que ante preguntas de contido sexual, o mellor é ser natural, preguntar e aclarar antes de dar charlas e recoñecer que é un tema dificultoso para nos como nais/pais e que o imos mirar xuntos.

Regra fundamental: “non ver como adultos comportamentos de nen@s, nin viceversa”. A adolescencia é como unha gripe, pasa con paciencia e coidado, recomendounos estar cercanos, pois estamos ante un novo mundo, con novas oportunidades e límites.

Podemos ver neste enlace entrevistas a Belén Montesa nos medios: https://www.belenmontesa.com/noticias/

Deixounos unha recomendación de libros de lectura, cos que tamén pensamos incrementar no centro a dotación de fondos sobre adolescencia e pubertade:

CÓMO SE HACE UNA CRIATURA, Cory Silverberg, Fiona Smith. Ediciones Bellaterra-9788472909540

SEXO ES UNA PALABRA DIVERTIDA, Cory Silverberg, Fiona Smith. Edicions Bellaterra- 9788472909236

EL CONSENTIMIENTO (¡PARA NIÑOS Y NIÑAS!), Rachel Brian. Océano Travesía- 9788449456053

TU CUERPO ES TUYO, Lucía Serrano. NubeOcho- 9788418599408

NO QUIERO SER MAYOR, Yolanda Trancho Hernández. Editores varios- 9788409566679 (para ler cun adulto)

HABILIDADES SOCIAIS COS NOSOS FILLOS E FILLAS E ACOMPAÑAMENTO SAUDABLE NO USO DE DISPOSITIVOS CONECTADOS

18/03/2024 16:30
Europe/Madrid

Comunicación efectiva e escoita activa sobre educación afectivo-sexual

04/03/2024 16:30
Europe/Madrid

 

Desde o CEIP Plurilingüe de Vite vimos organizando XORNADAS DE ENCONTROS COAS FAMILIAS. O luns 4 de marzo temos unha das tres charlas que se organizou desde o Departamento de Orientación coa colaboración CAFI e en coordinación coa ANPA do colexio, dentro das ENAPA (Escola de Pais e Nais). 
Nesta ocasión será a cargo da experta en distintos ámbitos educativos Belén Montesa e pode ser de grande interese para a familia e docentes. Estas charlas son gratuítas (totalmente de balde), pero requiren inscrición previa a través deste formulario.

Charla: competencias socioemocionais nun mundo dixital.

29/11/2023 00:00
Europe/Madrid

O día 29 de novembro tivemos a primeira charla pensada para contribuir ao benestar familiar. Foi a cargo de Rosa Álvarez Prada, Psicóloga clínica do Plan Sociocomunitario de Vite. Falounos de “FACILITAR UNHA EDUCACIÓN SAUDABLE: competencias socioemocionais nun mundo dixital”.

ESCOLA DE FAMILIAS

APRENDEMOS XUNTOS PARA EDUCAR PARA O FUTURO

 

 

Aviso para as familias interesadas en asistir á charla organizada desde o Departamento de Orientación en colaboración coa ANPA, a cargo de Rosa Álvarez PradaPsicóloga clínica do Plan Sociocomunitario de Vite, baixo o título FACILITAR UNHA EDUCACIÓN SAUDABLEcompetencias socioemocionais nun mundo dixital”.

Hai un cambio na data,  será o día 30 de novembro ás 17:00 horas.

Rogamos comuniquen previsión e compromiso de asistencia, así como a proposta de temáticas para as vindeiras charlas o antes posible para poder organizar.