Orientación

TOLERANCIA Á FRUSTRACIÓN E APOIO CONDUTUAL NA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

13/05/2024 16:30
Europe/Madrid

O luns 13 de maio, pecharemos con Carmen Márquez, directora técnica da Asociación Autismo Bata, o ciclo de charlas de ENAPA (Escola de Pais e Nais), organizadas desde o Departamento de Orientación do centro, coa colaboración do CAFI e tendo en conta os intereses amosados polas familias, en coordinación coa ANPA.

 Como ben sabedes son gratuítas, pero requiren inscrición previa a través deste formulario. Dado o éxito da intervención de Carmen o curso pasado, esperamos un pleno de asistencia!

Reto nutritivo! Actividade en 4º de primaria para EDUsaúde 23-24

 
Ola rapazada de 4ºEP!
 
O noso nutricionista favorito, Eloy Figueiras, quere retarvos a traer unha receita fresca e divertida para o tempo de calor, que ha de vir nalgún momento!.
 
Os maiores do barrio, dende o Centro Sociocultural de Vite, tamén van aportar as súas receitas e con todas imos elaborar un recetario con comidas saudables e ricas para a primavera.
 
Lembrade o aprendido, pois as receitas máis sabrosas levarán unha estrela de Sanaelhoy, e serán elaboradas nas cociñas de montóns de familias.
 
Nesta LIGAZÓN tedes a ficha da receita descargable!
 

 

PREME NA IMAXE! 

CHARLA DE FAMILIAS DO 4 DE MARZO

04/03/2024 00:00
Europe/Madrid

O día 4 de marzo, a psicóloga e sexóloga Belén Montesa veu darnos unha charla para educar en sexualidade en familia. Falounos da importancia de darlles seguridade aos nosos fillos e fillas, facer que se sintan queridos e valorados para non meterse en relacións tóxicas.

Apuntou que ante preguntas de contido sexual, o mellor é ser natural, preguntar e aclarar antes de dar charlas e recoñecer que é un tema dificultoso para nos como nais/pais e que o imos mirar xuntos.

Regra fundamental: “non ver como adultos comportamentos de nen@s, nin viceversa”. A adolescencia é como unha gripe, pasa con paciencia e coidado, recomendounos estar cercanos, pois estamos ante un novo mundo, con novas oportunidades e límites.

Podemos ver neste enlace entrevistas a Belén Montesa nos medios: https://www.belenmontesa.com/noticias/

Deixounos unha recomendación de libros de lectura, cos que tamén pensamos incrementar no centro a dotación de fondos sobre adolescencia e pubertade:

CÓMO SE HACE UNA CRIATURA, Cory Silverberg, Fiona Smith. Ediciones Bellaterra-9788472909540

SEXO ES UNA PALABRA DIVERTIDA, Cory Silverberg, Fiona Smith. Edicions Bellaterra- 9788472909236

EL CONSENTIMIENTO (¡PARA NIÑOS Y NIÑAS!), Rachel Brian. Océano Travesía- 9788449456053

TU CUERPO ES TUYO, Lucía Serrano. NubeOcho- 9788418599408

NO QUIERO SER MAYOR, Yolanda Trancho Hernández. Editores varios- 9788409566679 (para ler cun adulto)