FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024/2025

Prazo de solicitude:    do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos

Texto da convocatoria:  ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)

Procedemento administrativo:  ED330B


 

♦ Forma de presentación de solicitudes:

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  [iniciar].

           IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

           NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [iniciar].
  • Presencial manual: cubra os Anexo I e Anexo II  da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.

 

♦ Documentación complementaria:

  • Especificase no artigo 11 da Orde de convocatoria
  • NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa) [artigo 12 da Orde de convocatoria]
  • A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática

 

 

MÁIS INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE: FondoLibros

 

IMPORTANTE:

O alumnado de 6º de primaria que promociona ao instituto deberá presentar a documentación no IES no que ten a praza admitida.

CONVOCATORIA CONCESIÓN BOLSAS COMEDOR, ADQUISICIÓN MATERIAL ESCOLAR E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. CURSO 2024-24

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago, na sesión ordinaria celebrada o 13 de maio de 2024, aprobou a convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria, e centros de educación especial de educación infantil (segundo ciclo) de educación primaria e educación secundaria obrigatoria, do concello de santiago de compostela, para o curso 2024-2025.

As solicitudes presentaranse no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Data publicación: 20/05/2024

 

TOLERANCIA Á FRUSTRACIÓN E APOIO CONDUTUAL NA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

13/05/2024 16:30
Europe/Madrid

O luns 13 de maio, pecharemos con Carmen Márquez, directora técnica da Asociación Autismo Bata, o ciclo de charlas de ENAPA (Escola de Pais e Nais), organizadas desde o Departamento de Orientación do centro, coa colaboración do CAFI e tendo en conta os intereses amosados polas familias, en coordinación coa ANPA.

 Como ben sabedes son gratuítas, pero requiren inscrición previa a través deste formulario. Dado o éxito da intervención de Carmen o curso pasado, esperamos un pleno de asistencia!

CELEBRACIÓN DA IV MARCHA CICLISTA ESCOLAR

CELEBRACIÓN DA IV MARCHA CICLISTA ESCOLAR

Dende o Concello de Santiago de Compostela, o equipo de Educación Viaria da Policía Local, vai a celebrar a QUINTA MARCHA CICLISTA ESCOLAR, que terá lugar o venres 03 de maio, se as condicións atmosféricas o permiten.

 

 

DATA ACTUALIZADA: A nova data para realizar a actividade que se suspendió polas inclemencias do tempo é o venres 31 de maio.

 

 

 

Esta proposta realízase co fin de poñer en práctica as estratexias seguras e responsables vistas no parque infantil de tráfico de educación viaria e tamén para promover o uso da bicicleta, no ámbito escolar e familiar como medio de transporte sostible.

 

A actividade levarase a cabo ca participación dos alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria.

 

PERCORRIDO (Ver mapa)

Saída: 10:00 horas desde a Praza do Obradoiro.

Percorrido: San Francisco, Xoán XXIII, Burgo das Nacións, Ricardo Carvalho Calero, Pelamios, Morón, Galeras, Campo das Hortas, Poza de Bar, San Lourenzo, Avenida das Burgas, Avenida da Coruña, Rosalía de Castro, Xoán Carlos I, Campo da Estrela, Senra, Praza de Galicia, Fonte de Santo Antonio, Virxe da Cerca, Porta do Camiño, Valle-Inclán, San Roque, Basquiños, Pastoriza,  Praza da Paz, Xoán XXIII, San Francisco e Praza do Obradoiro (parada técnica). A partires de aquí realizaríase o mesmo percorrido de volta aos coles por San Francisco e Xoán XXIII para deixar aos escolares en cada un dos colexios participantes.

Parada técnica: Praza do Obradorio para repoñer forzas.

NOTA: Tamén se poderá participar na marcha con patinete eléctrico.

Aquel alumnado que non faga o percorrido en bicicleta ou patinete eléctrico o fará andando acompañado da Directora e un titor de 6º de primaria.

Pódese deixar a bicicleta ou patinete eléctrico no colexio o día anterior ou levalo ao centro o mesmo día da actividade.

 

TRANSCURSO DA MARCHA

O CEIP Plurilingüe de Vite sumarémonos á marcha desde o propio colexio.

No transcurso da mesma, seguiranse as normas de circulación e sobre todo as instrucións dos organizadores, para que todo saia segundo o previsto.

Coordina a actividade a Policía Local e contamos coa colaboración da agrupación de Protección Civil do Concello de Santiago, o departamento de ciclismo de Decathlon, distintos clubes ciclistas da contorna e a Cruz Vermella.

PERCORRIDO DE VOLTA

O percorrido de volta ao colexio será o mesmo.

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS VERÁN 2024 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Dende o Departamento de Deportes do concello de Santiago de Compostela agradecen que difundamos entre a nosa Comunidade Educativa a seguinte información relacionada cos Campamentos Deportivos de verán 2024 da Deputación da Coruña.
 

 
 

Carta centros escolares 2024

         Ficha de inscrición 2024

 

atencioncomedorsantiago@alimentacionsaludablegallega.net

Achégase o programa e o menú do servizo de madrugadores e de comedor remitido polo Concello de Santiago de Compostela correspondente ao mes en curso.

 

 

Menú e programación maio 2024

Menú e programación abril 2024

Menú e programación marzo 2024

Menú e programación febreiro 2024

Menú e programación xaneiro 2024 

Menú e programación decembro 2023

Menú e programación novembro 2023

Menú e programación outubro 2023

Menú e programación setembro 2023

INFORMACIÓN E NORMAS XERAIS. Curso escolar 2023-24

Reto nutritivo! Actividade en 4º de primaria para EDUsaúde 23-24

 
Ola rapazada de 4ºEP!
 
O noso nutricionista favorito, Eloy Figueiras, quere retarvos a traer unha receita fresca e divertida para o tempo de calor, que ha de vir nalgún momento!.
 
Os maiores do barrio, dende o Centro Sociocultural de Vite, tamén van aportar as súas receitas e con todas imos elaborar un recetario con comidas saudables e ricas para a primavera.
 
Lembrade o aprendido, pois as receitas máis sabrosas levarán unha estrela de Sanaelhoy, e serán elaboradas nas cociñas de montóns de familias.
 
Nesta LIGAZÓN tedes a ficha da receita descargable!
 

 

PREME NA IMAXE! 

PUNTO LARANXA

 

No lateral dereito desta web agregouse a función PUNTO LARANXA, un espazo para que o alumnado poida comunicar situacións de acoso escolar de xeito anónimo.

As comunicacións realizadas a través do formulario irán a un enderezo habilitado para a coordinación de convivencia do colexio. A aplicación permite enviar resposta de xeito anónimo a IP dende a que se recibe.

 

 

COMO FUNCIONA O BUZÓN DO PUNTO LARANXA DO NOSO CENTRO?

Se estás a sufrir acoso ou ciberacoso escolar ou coñeces algún posible caso, axúdanos a paralo!

  1. Escribe de maneira anónima a túa mensaxe nun lugar onde te sintas seguro/a.
  2. Localiza o Punto Laranxa no teu centro.
  3. Deposita na caixa do Punto Laranxa a túa mensaxe (esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado de loitar contra o acoso escolar no teu centro).

 

Lembra que tamén podes achegar a túa mensaxe a través do Punto Laranxa que tes no lateral dereito desta web.