Admisión

Solicitude de Admisión curso 2024-25

 

SOLICITUDE de ADMISIÓN

 

PRAZO: DO 1 AO 20 DE MARZO

 


CURSO

VACANTES

PRAZAS RESERVADAS (*)

4º EI (3 anos)

20

3

5º EI (4 anos)

4

 

6º EI (5 anos)

0

 

1º EP

0

0

2º EP

8

 

3º EP

13

 

4º EP

10

 

5º EP

0

 

6º EP

6

 

TOTAL

55

3

Reserva(*): Prazas reservadas para alumnado con NEAE.

Aquelas non solicitadas acumularanse á quenda ordinaria.

IMPORTANTE:ESCOLARIZACIÓN

IMPORTANTE: ADMISIÓN ALUMNADO

 

IMPRESOS ED550B:

As solicitudes presentaranse xunto coa fotocopia cotexada do libro de familia ou do DNI do neno ou nena.

Poderase entregar a documentación acreditativa dos criterios do baremo.

 

A solicitude será única segundo o modelo ANEXO II, que poderá ou ben:

  1. Recollerse na recepción do CEIP Plurilingüe de Vite.

  2. Cumprimentarse online na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado.

  3. Descargarse e cumprimentar de forma manual: Anexo II.

Nestes tres casos a solicitude deberá ser entregada na Secretaría do CEIP Plurilingüe de Vite no prazo indicado.

  1. Cubrir a solicitude online e asinala en Sede Electrónica.

Criterio complementario do centro: Ter avós empadroados na zona de influencia do centro.

Forma de acreditar o criterio complementario: Certificado de empadroamento.

 

Resolución do 27 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai público o resultado do sorteo ao que fai referencia o artigo 34 da Orde de outubro de 2022.

 

 

 

  • As listaxes provisionais de admitidos e non admitidos sairán antes do 25 de abril. Poderanse formular reclamacións contra as listaxes no prazo de 5 días contados desde o seguinte ao da súa publicación.

 

  • As listaxes definitivas de admitidos e non admitidos sairán antes do 15 de maio. Unha vez resoltas as reclamacións presentadas procédese á publicación de ditas listaxes. Contra esta publicación cabe recurso de alzada perante o Xefe Territorial no prazo dun mes.

 

 

Do 20 ao 30 de xuño é o prazo de formalización da matrícula para o novo alumnado.

 

 

SOLICITUDES PRESENTADAS PARA O CURSO 2024/25

4º de educación infantil (3 anos): 16

5º de educación infantil (4 anos): 02

6º de educación infantil (5 anos): 01

 

TODAS LAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN PRESENTADAS PARA 4º E 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL FORON ADMITIDAS.

Para a resolución da solicitude de 6º de infantil temos que esperar.

 

Solicitude de Admisión 2024-25

01/03/2024 00:00
20/03/2024 23:59
Europe/Madrid

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

15/01/2024 00:00
05/02/2024 23:59
Europe/Madrid

Benqueridas familias de 6º de Primaria.

 

Iníciase hoxe o proceso de reserva de praza en centros de adscrición. O prazo vai do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.

É dicir, o alumnado de 6º de Primaria poderá RESERVAR praza no IES XELMÍREZ II (o noso centro adscrito) para o curso 2024-25

Imos mandarvos copia física dos documentos polo alumnado, a ligazón por se queredes facelo ONLINE, e tamén a LIGAZÓN aos propios documentos por se queredes xestionalo vós.

Aqueles que non queiran reservar praza no IES Xelmírez II poderán informar ao CEIP de Vite por medio dun documento de renuncia. 

PS: Lembrade que, se queredes solicitar praza noutro instituto diferente, NON debedes reservar agora. Tedes que agardar a que se inicie o prazo de solicitude de praza (que é un proceso diferente).

FORMALIZACIÓN NOVAS MATRÍCULAS CURSO 2023/2024

As familias que presentaron a solicitude de matrícula no prazo de admisión (marzo de 2023) tedes ata o día 30 de xuño para FORMALIZAR dita matrícula.

Horario do Centro para formalizar matrículas: de 10:00 a 13:00 horas.

 DOCUMENTOS

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO. ADMISIÓN ADMITIDAS CURSO 2023/2024

Está exposta, no taboleiro do colexio, a listaxe DEFINITIVA de alumnado  para o curso 2023/2024.

 

Todo o alumnado aparece como ADMITIDO/A.