Skip to Content

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2019/2020

1.- NORMATIVA REGULADORA DE ADMISIÓN

            - Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos… . (DOG 26/12/2012)

            - Orde do 12  de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros sustentados con fondos públicos… . (DOG 15/03/2013).

-  Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos … (DOG 01/02/2017).

            - Instrucións da Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, se é o caso.

2.- OFERTA DE POSTOS ESCOLARES DISPOÑIBLES:

EDUCACIÓN  INFANTIL

CURSO

VACANTES

RESERVA  NEAE (1)

4º (3 anos)

22

3

5º (4 anos)

0

0

6º (5 anos)

22

0

 

EDUCACIÓN  PRIMARIA

CURSO

VACANTES

RESERVA  NEAE(1)

20

3

4

0

25

0

15

0

18

0

20

0

(1)Postos escolares a disposición da Comisión de Escolarización para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo( art. 3 da Orde do 12 de marzo de 2013, DOG do 15)

3.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

       Do 1 ao 20 de marzo, ámbolos dous inclusive.

A solicitude de admisión, que se axeitará ao modelo oficial (formulario ED550B), poderase recoller na conserxería do centro. Tamén estará dispoñible nesta páxina web, na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación "admisionalumnado" (http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26923)

As solicitudes deberán ser presentadas no Colexio do 1 ao 20 de  marzo (de 9:00 a 11:30 h)

DOCUMENTACIÓN  A PRESENTAR PARA A ADMISIÓN:

- Impreso de solicitude

- DNI ou Libro de familia (hai que traer o orixinal e a fotocopia de todas as páxinas escritas) ou documento acreditativo do requisito da idade do alumno/a.

- No caso de optar a un curso de Primaria, deberán achegar tamén certificación de matrícula do centro de procedencia.

- Certificado de empadroamento municipal. Deben figurar todos os membros da unidade familiar que convivan no domicilio.

- Certificacións oficiais xustificativas doutras circunstancias:

  * Situación desfavorecida como consecuencia de factores sociais, económicos ou culturais (Informe dos servizos sociais competentes que acredite as circunstancias achegadas)

* Alumnado con necesidades educativas específicas (documentación acreditativa das circunstancias alegadas)

* Separación legal dos pais: orixinal e fotocopia do convenio regulador ou da resolución xudicial.

(A efectos de comprobación, é necesario presentar sempre o orixinal de todos os documentos fotocopiados)

É posible autorizar na propia solicitude  a consulta  do DNI dos proxenitores, do domicilio fiscal e declaración do imposto sobre a renda, do título de familia numerosa e do certificado de discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia. Se se marca cun "X" en todas esas casillas  non hai que xustificalas documentalmente, xa que queda feito de xeito telemático.

4.- PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN ALEGADOS

O prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios de baremación é do 25 de marzo ao 5 de abril. Porén, para facilitar trámites e evitar viaxes ao Centro, poderán achegala coa solicitude.

- (Só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de: DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, domicilio fiscal, renda, condición de familia numerosa e discapacidade do alumno/a, do proxenitor/a, do titor/a ou dos irmáns/ás cando a persoa interesada non autorice  a consulta automática de datos (artigos 14. bis e 17.1).

- A presentación dos xustificantes dos criterios de baremación ten carácter voluntario. A non presentación dalgún deles suporá a renuncia explícita a ser baremado no criterio correspondente (art. 17.2).

5.- PUBLICACIÓN DA LISTAXE DO ALUMNADO ADMITIDO

- Antes do 25 de abril: Publicación da resolución provisional de admitidos e non admitidos. As listaxes que se publiquen terán carácter provisional e poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do Centro no prazo de cinco días hábiles (art. 30.3).

- Antes do 15 de maio: Publicación da resolución definitiva de admitidos e non admitidos Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o responsable da Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes (artigos 31.2 e 32).

6.- PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

* O alumnado admitido formalizará a súa matrícula no Centro,  do 20 ao 30 de xuño (de 9:00 a 11:30 h).

* Se finalizado o prazo de matrícula non se tivese formalizado esta, teráselle por decaído no dereito á praza obtida. (artigos 40.2a e 40.3).

7.- SERVIZOS COMPLEMENTARIOS QUE OFRECE O CENTRO: 

7.1.- Madrugadores (7:30 - 9:00h). 

Organizado e xestionado pola ANPA do Centro:

e-mail: anpalavandeira@gmail.com

Web: www.anpalavandeira.es 

7.2.- Comedor Escolar (14:00 – 16:00h.).

Organizado e xestionado pola ANPA do Centro:

e-mail: anpalavandeira@gmail.com

Web: www.anpalavandeira.es 

7.3.- Biblioteca Escolar para o alumnado de Educación Primaria (de martes a venres de 16:00 a 18:00 horas) 

7.4.- Actividades extraescolares

  A cargo da ANPA e do Concello de Culleredo.

A ANPA informará durante o mes de setembro sobre actividades que se poidan organizar así como dos seus horarios.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

* A SOLICITUDE SERÁ ÚNICA E VINCULANTE, PODERÁ CONTER ATA SEIS CENTROS, POR ORDE DE PREFERENCIA , E PRESENTARASE NO CENTRO INDICADO EN PRIMEIRO LUGAR.

* No caso de separación legal dos pais, a solicitude de admisión terá que estar asinada polos dous proxenitores, agás que aquel/a que formalice a instancia teña atribuída a patria potestade con carácter exclusivo mediante resolución xudicial, que terá que ser aportada para o seu cotexo polo centro educativo(hai que traer orixinal e copia da mesma).(Art.14)

* O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

* No folio 3 da solicitude, na columna de "puntuación", serán os solicitantes os que deben cubrir os datos numéricos de baremo, incluídos os de puntuación cero.

* Os solicitantes deben manifestar se desexan ou non utilizar o servizo complementario de comedor escolar marcando a casilla correspondente.

* Os solicitantes deben indicar se o alumno/a presenta necesidades específicas de apoio educativo, aportando a documentación necesaria.

ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2019/2020 NESTE CENTRO

Exporase información sobre o procedemento de adminisión do alumnado antes de 1 de Marzo no taboleiro do Centro e nesta web.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS: O LUNS 18 DE FEBREIRO de 17.00h. ata ás 18.00h.

CANDIDATOS ELIXIDOS PARA O CONSELLO ESCOLAR

Despois das distintas votacións (mestres e pais/nais), a Xunta Electoral fai pública a composición do Consello Escolar do centro.

Acta da Xunta Electoral

ELECCIÓNS PARA A CONSTITUCIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

Para a ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DOS PAIS, NAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO AO CONSELLO ESCOLAR envíase a seguinte circular onde se citan os candidatos presentados e o modo de votación. Animamos a que acudan a votar o martes 13 de novembro.

Terceira circular (09/11/2018)

ELECCIÓNS PARA A CONSTITUCIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

O martes, 17 de outubro, constitúese no colexio a Xunta Electoral, encargada de organizar e supervisar o proceso electoral para a constitución do Consello Escolar do noso centro.

Na primeira reunión da Xunta Electoral aprobouse o calendario de actuacións e elaborouse unha circular informativa para as familias, que achegamos a continuación.

Segunda circular (17/10/2018)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut