Skip to Content

OS NOSOS PITIÑOS

Podemos ver os nosos pitiños na web do ANPA ou no seguinte enlace. PITIÑOS VILA DE RUTIS

Os pitiños estiveron todos este días no cole e ... creceron moito!!! Axiña os vemos de novo.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: 8M

Que chovan postais para as nosas mulleres favoritas. Loitamos polo coidado e a igualdade.

O ENTROIDO 2023

Despois duns cursos de restricións, hoxe por fin, celebramos o Entroido no noso centro cun gran desfile. A comunidade educativa disfrutou dun momento moi especial coas actuacións do noso alumnado baixo a temática Estilos Musicais. Deixamos aquí un vídeo para que o vexades cos verdadeiros protagonistas, os vosos fillos e as vosas fillas. Adiante vídeo!!

BO ENTROIDO!!!

30 de xaneiro SONS DE PAZ

Hoxe 30 de xaneiro celebramos o Dïa da Paz e da non violencia no cole, cunha instalación artística por parte de toda a comunidade educativa baseada na obra de Zimoun, especialista nas "sound sculptures".

Con esta instalación de bandas brancas con mensaxes de Paz que se moven co vento e soan os asouseres, queremos lembrar que non debemos silenciar as guerras e mirar cara outro lado. SONS DE PAZ.

Distribuir contido


by Dr. Radut