Skip to Content

DESDE A CASA

A Comunidade Educativa do CEIP Vila de Rutis quere adicarlle unha homenaxe aos protagonistas do colexio que, como non podía ser doutra maneira, son os nenos e nenas.

Nestas circunstancias especiais, temos que buscar algo positivo en todo o que está pasando, empezando por disfrutar máis dos que temos ao noso lado. Aproveitade para falar moito, xogar cos nenos e nenas, deixarlles participar nas tarefas diarias... e cando esto remate, non esquezamos que nós tamén puxemos un pouco da nosa parte QUEDÁNDONOS NA CASA.

 

PARA TODOS OS NENOS E NENAS

As mestras e mestres do CEIP Vila de Rutis

queremos recordarvos que, a pesares de estar lonxe,

témosvos moi presentes.

E con este vídeo queremos recordarvos

o moito que vos queremos, que vos botamos de menos

e, por suposto, que cando poidamos

voltaremos con forza, ganas e moita ilusión.

Todo chega, todo sairá ben,

pero mentres, pedímosvos que quededes na casa

coma nós

EU QUEDO NA CASA

E TI?



page | by Dr. Radut