Skip to Content

SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020/2021

 PROCESO DE ADMISIÓN

Segundo as instrucións da Consellería de Educación, AMPLÍASE o prazo de presentación de solicitudes de admisión, que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

 

1.- NORMATIVA REGULADORA DE ADMISIÓN

            - Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos… . (DOG 26/12/2012)

            - Orde do 12  de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros sustentados con fondos públicos… . (DOG 15/03/2013).

-  Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos … (DOG 01/02/2017).

            - Instrucións da Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, se é o caso.

2. OFERTA  DE  PRAZAS  CURSO 2020/2021

EDUCACIÓN  INFANTIL

CURSO

VACANTES

RESERVA  NEAE (1)

4º (3 anos)

44

6

5º (4 anos)

12

0

6º (5 anos)

20

0

 

EDUCACIÓN  PRIMARIA

CURSO

VACANTES

RESERVA  NEAE(1)

40

6

37

0

21

0

35

0

33

0

39

0

(1)Postos escolares a disposición da Comisión de Escolarización para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo ( art. 3 da Orde do 12 de marzo de 2013, DOG do 15)

 

3. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

       Do 1 ao 20 de marzo.

A solicitude de admisión, que se axeitará ao modelo oficial (formulario ED550B), poderase recoller na conserxería do centro e entregala no prazo establecido.

As familias poden cumprimentar o formulario na aplicación admisionalumnado, ou descargalo e cumprimentalo de forma manual.

Tamén se poderá descargar, e logo cumprimentar, da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na dirección http://www.xunta.es/portada, e da páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, na dirección http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26923 .

As solicitudes deberán ser presentadas no Colexio do 1 ao 20 de  marzo (de 9:00 a 9:50h e de 12:00 a 13:30h)

DOCUMENTACIÓN  A PRESENTAR PARA A ADMISIÓN

- Impreso de solicitude :

Anexo II en galego

Anexo II en castelán

- DNI ou Libro de familia (hai que traer o orixinal e a fotocopia de todas as páxinas escritas) ou documento acreditativo do requisito da idade do alumno/a.

- No caso de optar a un curso de Primaria, deberán achegar tamén certificación de matrícula do centro de procedencia.

- Certificado de empadroamento municipal. Deben figurar todos os membros da unidade familiar que convivan no domicilio.

- Certificacións oficiais xustificativas doutras circunstancias:

  * Situación desfavorecida como consecuencia de factores sociais, económicos ou culturais (Informe dos servizos sociais competentes que acredite as circunstancias achegadas)

* Alumnado con necesidades educativas específicas (documentación acreditativa das circunstancias alegadas)

* Separación legal dos pais: orixinal e fotocopia do convenio regulador ou da resolución xudicial.

(A efectos de comprobación, é necesario presentar sempre o orixinal de todos os documentos fotocopiados).

 

É posible autorizar na propia solicitude  a consulta  do domicilio fiscal e declaración do imposto sobre a renda, do título de familia numerosa e do certificado de discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia. Se se marca cun "X" en todas esas casillas  non hai que xustificalas documentalmente, xa que queda feito de xeito telemático.

 

4. PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN ALEGADOS

O prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios de baremación é do 23 de marzo ao 2 de abril. Porén, para facilitar trámites e evitar viaxes ao Centro, poderán achegala coa solicitude.

- (Só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de: domicilio fiscal, renda, condición de familia numerosa e discapacidade do alumno/a, do proxenitor/a, do titor/a ou dos irmáns/ás cando a persoa interesada non autorice  a consulta automática de datos (artigos 14. bis e 17.1).

- A presentación dos xustificantes dos criterios de baremación ten carácter voluntario. A non presentación dalgún deles suporá a renuncia explícita a ser baremado no criterio correspondente (art. 17.2).

 

5. PUBLICACIÓN DA LISTAXE DO ALUMNADO ADMITIDO

- Antes do 25 de abril: Publicación da resolución provisional de admitidos e non admitidos. As listaxes que se publiquen terán carácter provisional e poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do Centro no prazo de cinco días hábiles (art. 30.3).

- Antes do 15 de maio: Publicación da resolución definitiva de admitidos e non admitidos Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o responsable da Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes (artigos 31.2 e 32).

 

6. PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

* O alumnado admitido formalizará a súa matrícula no Centro,  do 20 ao 30 de xuño (de 9:00 a 12:00 h).

* Se finalizado o prazo de matrícula non se tivese formalizado esta, teráselle por decaído no dereito á praza obtida. (artigos 40.2a e 40.3).

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

* A SOLICITUDE SERÁ ÚNICA E VINCULANTE, PODERÁ CONTER ATA SEIS CENTROS, POR ORDE DE PREFERENCIA , E PRESENTARASE NO CENTRO INDICADO EN PRIMEIRO LUGAR.

* No caso de separación legal dos pais, a solicitude de admisión terá que estar asinada polos dous proxenitores, agás que aquel/a que formalice a instancia teña atribuída a patria potestade con carácter exclusivo mediante resolución xudicial, que terá que ser aportada para o seu cotexo polo centro educativo (hai que traer orixinal e copia da mesma).(Art.14)

* O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

* Os solicitantes deben indicar se o alumno/a presenta necesidades específicas de apoio educativo, aportando a documentación necesaria.

 

 

 

 



page | by Dr. Radut