Skip to Content

RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Á ATENCIÓN DOS PAIS/NAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO DE SEXTO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA NESTE CENTRO

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.
  • A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse neste centro ou na aplicación admisionalumnado.

IMPORTANTE

1. Aos efectos da continuidade de estudos do actual alumnado de sexto curso que promocione á etapa de Educación Secundaria Obrigatoria, este centro está adscrito ao IES Rego de Trabe.

2. A circunstancia de estar este centro adscrito ao citado IES, supón que o noso alumnado terá  prioridade para a admisión.

3. As familias que no vindeiro curso 2021 - 2022 desexen que os seus fillos/as cursen os estudos no referido instituto deberán presentar no noso centro, entre os días 11 de xaneiro e 8 de febreiro, o modelo de solicitude debidamente cuberto que se xunta a este escrito (Anexo I da Orde do 12 de marzo de 2013)

4. A reserva ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación da solicitude noutro centro.

No caso de non querer matricular ao seu fillo/a no IES Rego de Trabe, non deberá cumprimentar este Anexo de reserva, e presentará a solicitude de admisión no centro que desexe, do 1 ao 20 de marzo.

 



page | by Dr. Radut