Skip to Content

RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Aos efectos da continuidade de estudos do actual alumnado de 6º curso que promocione á etapa de Educación Secundaria Obrigatoria, este Centro está adscrito ao IES Rego de Trabe.

As familias que no vindeiro curso 2024-2025 desexen que os seus fillos/as cursen os estudos neste Instituto deberán presentar NESTE COLEXIO, entre o 15 de XANEIRO e o 5 de FEBREIRO o seguinte modelo de solicitude debidamente cuberto e asinado ED550A

O horario de recollida de solicitudes no centro será de 9:00 a 9:50 e de 13:10 a 14:00h

Tamén se pode presentar por vía electrónica seguindo a ruta https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

IMPORTANTE:

No caso de non querer matricular ao seu fillo/a no IES Rego de Trabe, non deberá cumprimentar este Anexo de reserva, e presentará a solicitude de admisión no centro que desexe, do 1 ao 20 de marzo.



page | by Dr. Radut